viernes, 31 de diciembre de 2010

10 consellos para seleccionar as lecturas

Seleccionar un libro para o noso fillo ou filla é difícil pero non imposible.
Na páxina LEER.ES do Ministerio de Educación atopamos 10 consellos para seleccionar as lecturas.
Os recomendo que dediquedes un tempo a esta páxina LEER.ES onde atoparedes moita información sobre a lectura e consellos para pais.

viernes, 24 de diciembre de 2010

miércoles, 22 de diciembre de 2010

Visita especial


Boas e Felices lecturas

domingo, 19 de diciembre de 2010

Agasalla un libro no Nadal


Se aínda non sabes que regalar ou ler este nadal deixavos suxestións por ciclos


Pica nas imaxes

 
INFANTIL

  
1º CICLO

2º CICLO


3º CICLO

viernes, 17 de diciembre de 2010

Calendario 2011

Calentiño, calentiño.....xa temos nas nosas mans o calendario do 2011 feito por toda a comunidade educativa.
Seguindo o lema deste ano do colexio: PASIÑO A PASIÑO.......FAISE O CAMIÑO, os diferentes cursos, a ANPA e a Comunidade de Montesde Beade (subvencionou o calendario) elaboraron o calendario cas diferentes etapas de camiño.
Un traballo moi ben feito. Parabéns a todos e a todas


Xaneiro....................... I3........................ Monte Aloia
Febreiro...................... I4........................ Redondela
Marzo......................... I5........................ Pontevedra
Abril........................... 1ºA...................... Caldas de Reis
Maio.......................... 1ºB....................... Padrón
Xuño.......................... 2º......................... O Cebreiro
Xullo......................... ANPA................... Triacastela
Agosto...................... 3º............................ Sarria
Setembro.................. 4º............................ Portomarín
Outubro.................... 5ºA......................... Melide
Novembro................ 5ºB.......................... Pedrouzo
Decembro................ 6º............................. Santiago


Picando na imaxe verás o calendario


domingo, 12 de diciembre de 2010

Discurso Mario Vargas Llosa (Premio Nobel 2010)

O premio nobel dedicou o seu discurso titulado "Eloxio da Lectura e a ficcion" ao Perú, á súa familia, ao amor que sente pola literatura e á liberdade como dereito básico do ser humano...

Aprendí a leer a los cinco años, en la clase del hermano Justiniano, en el Colegio de la Salle, en Cochabamba (Bolivia). Es la cosa más importante que me ha pasado en la vida. Casi setenta años después recuerdo con nitidez cómo esa magia, traducir las palabras de los libros en imágenes, enriqueció mi vida, rompiendo las barreras del tiempo y del espacio y permitiéndome viajar con el capitán Nemo veinte mil leguas de viaje submarino, luchar junto a d’Artagnan, Athos, Portos y Aramís contra las intrigas que amenazan a la Reina en los tiempos del sinuoso Richelieu, o arrastrarme por las entrañas de París, convertido en Jean Valjean, con el cuerpo inerte de Marius a cuestas.



La lectura convertía el sueño en vida y la vida en sueño y ponía al alcance del pedacito de hombre que era yo el universo de la literatura. Mi madre me contó que las primeras cosas que escribí fueron continuaciones de las historias que leía pues me apenaba que se terminaran o quería enmendarles el final. Y acaso sea eso lo que me he pasado la vida haciendo sin saberlo: prolongando en el tiempo, mientras crecía, maduraba y envejecía, las historias que llenaron mi infancia de exaltación y de aventuras...............








martes, 7 de diciembre de 2010

10 de decembro: Día internacional dos dereitos humanos

O 10 de decembro de 1948, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou e proclamou a Declaración Universal de Dereitos Humanos. Tras este acto histórico, a Asemblea pediu a todos os Países Membros que publicasen o texto da Declaración e dispuxesen que fose "distribuído, exposto, lido e comentado nas escolas e outros establecementos de ensino, sen distinción fundada na condición política dos países ou dos territorios".


Para saber máis sobre os dereitos humanos pica na imaxe

lunes, 6 de diciembre de 2010

Revistas infantís

Dende fai algún tempo, no punto de lectura colocamos tres revistas infantís cheas de impresionantes imaxes, curiosidades, actividades:

REPORTERO DOC:Chea de reportaxes interesantes, diversos e actuais, con moitísimas fotografías, sobre animais, xeografía, saúde, historia, ciencia, deportes..., para satisfacer a túa curiosidade, coñecer o mundo e respetalo. Para lectores a partir de 8 ou 9 anos. Se fas clic na imaxe poderás ver algunhas páxinas.






MUY JUNIOR
Por desgracia esta revista edita este mes o seu derradeiro número. Unha revista onde podiades informaros sobre  sobre o reino animal, os deportes, ciencias, cultura, corpo humano, tecnoloxía, historia , consumo, psicoloxía, natureza... Hai cómic, xogos, pasatempos e manualidades,  tamén entrevistas e reportaxes divulgativos . E todo adobiado con excelentes imaxes e fotografías. Unha pena.
 
 
 
 
NATIONAL GEOGRAPHIC
Unha revista avalada por mais dun século de existencia, conta co recoñecemento da comunidade científica mundial. Os seus artigos de actualidade son garantía de calidade e narran a beleza, o misterio e as contrastantes realidades da vida no planeta Terra

Como imos deixar de recibir a revista "muy júnior" suxiro varias para que opinedes:

PELO, PICO, PATA
Para os amantes dos animais, con estupendosartigos e reportaxes sobre o coidado de mascotas e información sobre natureza.








CARACOLA
Contos para ESPERTAR a SÚA IMAXINACIÓN. Xogos para divertirlle e DESENVOLVER a SÚA CREATIVIDADE. Mundo animal para darlle a coñecer A NATUREZA. Póster para APRENDER INGLÉS. SUPLEMENTO COLECCIONABLE PARA PAIS con artigos de interese, opinións de expertos e moitas ideas. A partires de 4 anos

LEO LEO
No seu interior atopamos:
Conto. Historias emocionantes, divertidas, de intriga... . Xogos. Para superar pequenos retos, divertirse e aprender mentres se practican destrezas moi útiles nesta etapa educativa.

Cómic. Outra forma, doada e divertida, de «entrar» na lectura. Historias cheas de humor e peripecias que se len dun tirón.
E moito máis: páxinas de observación e descubrimento, de animais, receitas, adiviñanzas, manualidades, experimentos....

DEIXA A TÚA OPINIÓN

jueves, 2 de diciembre de 2010

Comprensión lectora

Como o ano pasado o Orientador mediu mediante a proba ACL a comprensión lectora dos nenos e nenas do colexio.
Pica no gráfico para ver os resultados 
A comprensión lectora media do colexio é de 4,8 xusto un pouquiño máis baixo da media (5)


Teñen un nivel:
  • Moi baixo...........................14%
  • Baixo..................................13%
  • Moderadamente baixo.........16%
  • Normal...............................40%
  • Moderadamente alto...........13%
  • Alto.....................................1%
  • Moi alto...............................3%
Destes datos podemos afirmar que un 27% dos nenos e nenas do colexio teñen certas dificultades de comprensión lectora e destes un 14% as teñen moi graves.

Hai un 17 % de nenos e nenas que teñen moi boa comprensión e un 3% a teñen excelente.

A comprensión literal é a que mellor teñen e refírese a ideas e informacións explicitamente manifestas no texto. As tarefas a realizar son:
-recoñecemento de detalles
-recoñecemento das ideas principais
-recoñecemento dunha secuencia
-recoñecemento comparativo
-recoñecemento da causa e o efecto das relacións
-recoñecemento dos trazos de carácter

A reorganización é a comprensión peor e requiere que o alumno analice, sintetice e/ou organice ideas sobre a información explicitamente manifesta no texto que debe ler. As tarefas de reorganización son:
-Clasificar
-Esquematizar
-Resumir
-Sintetizar

Segundo o tipo de texto o narrativo é o que mellor entenden mentras que a interpretación de datos é o que peor entenden.

domingo, 21 de noviembre de 2010

Dereitos dos nenos e das nenas

Grazas a Biblioteca Escolar CEIP Milladoiro (Malpica de Bergantiños (A Coruña)) os deixo este enlace para que saibades un pouco máis sobre os vosos dereitos.

Aí encontraredes todos os dereitos do neno, os dereitos cantados, videos, contos, música, xogos... 


domingo, 14 de noviembre de 2010

Ata sempre Berlanga

Aos 89 anos déixanos este gran cineasta valenciano autor de inolvidables películas: La escopeta nacional, Bienvenido Mr. Marshall, El verdugo, Plácido, Todos a la cárcel, Calabuch, La vaquilla.....que retratan como ninguén a vida da España dos anos cincuenta-sesenta.  
http://es.wikipedia.org/wiki/Luis_Garc%C3%ADa_Berlanga













A organización Médicos Sin Fronteras puxo en marcha unha campaña solidaria na que diversas caras coñecidas 'receitan' pastillas contra a dor allea. Luís García Berlanga protagoniza un dos anuncio da campaña

martes, 9 de noviembre de 2010

O Quijote interactivo

Picando na imaxe poderás ver esta xoia da Literatura Española grazas a Biblioteca Nacional que realizou este proxecto que permite un achegamento innovador á primeira edición da obra cumio de Cervantes.
 Grazas a esta iniciativa é posible gozar do Quixote coma se tivese o libro nas súas mans, ao tempo que se pode acceder a contidos multimedia que axudan a contextualizar a obra.


viernes, 5 de noviembre de 2010

Feira de outono

O equipo de actividades complementarias organizou unha exposición dos froitos de outono e o ANPA fixo a degustación  deses produtos.



A música do primeiro video é "A AMABLE NATUREZA DO OUTONO" de Vivaldi. Se queredes disfrutar do OUTONO das catro estacións de Vivaldi respira fondo e reláxate 
MusicPlaylist
Music Playlist at MixPod.com

Otoño (Concierto nº 3 en fa mayor, RV. 293)

Primer movimiento: Allegro
Los alegres campesinos celebran con danzas y cantos la recolección de la cosecha; musicalmente, la danza está escrita en un compás de 4/4, en donde las figuras rítmicas son iguales tanto para el solista como para toda la orquesta; el cambio rítmico del solista en arpegios de dobles corcheas describe a un borrachín que, después de varias travesuras, al fin se queda dormido.
Segundo movimiento: Adagio molto
Los demás campesinos no dejan solo a este borrachín y lo acompañan en su embriaguez hasta que el vino y el sueño los vence.
Tercer movimiento: Allegro
Llenos de gran entusiasmo y acompañados por los ladridos de sus perros y el sonar de sus cornos, los cazadores se dirigen al bosque.
Información obtida de: http://es.wikipedia.org/wiki/Las_cuatro_estaciones#Oto.C3.B1o_.28Concierto_n.C2.BA_3_en_fa_mayor.2C_RV._293.29

martes, 2 de noviembre de 2010

Samaín 2010

Os rapaces do cole en telecinco

Os rapaces e rapazas do noso cole volveron a saír no informativo da noite. Hai que ir ao minuto 35. É diferente ao do mediodia. Non supen cortarlo, se alguén o sabe que o diga.

http://www.telecinco.es/informativos/VideoViewer/VideoViewer.shtml?videoURL=26187&videogalleryURL=13&t=Informativos Noche

domingo, 31 de octubre de 2010

A tele chegou ao cole

Como estabamos a celebrar o Samaín e os de telecinco decatáronse, acudiron rapidamente a gravar os nosos alumnos e alumnas en plena celebración.
Estiveron moito tempo gravando pero o informativo das tres poucas imaxes puxeron.....unha pena, eles pérdenllo.

viernes, 29 de octubre de 2010

Que bonito está o colexio

Os de normalización están a buscar a palabra máis fermosa do galego
A min gústame "CARRAPUCHEIRIÑA" ( Expresión de doce e tenro cariño que se dirixe á muller amada ou á que é fermosa. É tan significativa e tan nosa esta voz, que non existe en castelán vocábulo que poida expresar o seu sentido tan exactamente e con tanto sentimento) pero ti podes poñer o que máis che gusta
 

martes, 26 de octubre de 2010

Hoxe visítanos: AN ALFAYA

Visitou a cova a miña escritora preferida: An Alfaya que nos ensinou como utilizando os cinco sentidos podemos chegar a saber se un libro nos vai gustar

.  
Logo contounos a marabillosa historia da Buguina namorada, a historia dunha cuncha de nácara afundida no areal dunha illa perdida na inmensidade do océano e que se namora dun naúfrago. Aínda se me poñen as escamas de punta recordando o relato de An.

E para rematar, An asinou no libro de visitas

jueves, 21 de octubre de 2010

Concurso: ler e escoitar

Xa rematou o concurso "ler e escoitar" no noso colexio. 
Os nenos e nenas de 5º e 6º estiveron fantásticos e agora o xurado ten a complicada papeleta de elixir o noso ou a nosa representante para a fase autonómica.


  

miércoles, 20 de octubre de 2010

"Biblioteca escolar: un mundo de oportunidades"

Polo colexio están expostos estes carteis de Mariña Seoane que co lema "Biblioteca Escolar: Un mundo de oportunidades", fai referencia ao reto que as bibliotecas escolares do século XXI teñen por diante, entendendo a biblioteca como : un espazo educativo pleno de oportunidades para a formación persoal e académica, pleno de posibilidades para a actuación docente; un lugar no que soñar e viaxar, un lugar presencial dende o que achegarse a mundos virtuais

A biblioteca ao estar no Centro facilita o achegamento de toda a comunidade educativa aos recursos, a que fai posible o encontro entre iguais pero tamén entre persoas distintas.

A biblioteca é un lugar para o traballo, para o desenvolvemento desas competencias básicas indispensables para a vida persoal, académica e social. Un espazo, tamén, para a búsqueda e o achádego, para facerse preguntas e atopar respostas.

jueves, 14 de octubre de 2010

O alumnado de Infantil axuda ao cabaleiro triste

Como xa sabedes, o alumnado de Infantil tiña unha misión moi importante: axudar ao Cabaleiro Triste a reunirse coa súa dama pechada no castelo de Soutomaior pola bruxa "Patuja".
Os nenos e nenas de Infantil prepararon un plan:
  • Entrarían no castelo cunha careta da bruxa para que Patuja no sospeitara nada
  • Darían a bruxa umha poción máxica......
  • .....e doces galletas
  • Con todo iso e co conxuro a bruxa mala farase boa e liberará a "dama"
Antes de liberar a Dama visitaron o Castelo:
Primeiro a Ama de chaves do Castelo ensinounos a maqueta do castelo
Logo ensinounos unha fídula
Despois as firmas dos canteiros
Tamén ensinounos o carto das damas
Como escribían nos castelos
Ensinounos as armas e as cárceres
......e por último.....liberamos a dama
Deixo unhas fotos destes valerosos rapaces

viernes, 8 de octubre de 2010

As autoridades visitan a miña cova

Onte visitaron a miña cova a Delegada da Xunta en Vigo Lucía Molares e o Xefe Territorial de Educación de Pontevedra Cesar Pérez Ares.

Eu, que son moi tímido, escondinme e foi Ubaldo o que lles ensinou os cambios que se fixeron na miña cova.

Comentoulles o moito traballo que fixo o profesorado do Centro na miña cova e que aínda falta moito por facer.

Agora, díxolles, estamos a esperar polo novo mobiliario que ten que enviar a Xunta ao cal o Xefe Territorial prometeu axilizar o proceso.


Ubaldo ensinoulles a camiseta da biblioteca que realizou o AMPA  e indicoulle o moito que colabora o AMPA na biblioteca e en todas as actividades do centro


jueves, 7 de octubre de 2010

Mario Vargas Llosa gaña o Nobel

A academia sueca outorgou o premio nobel de literatura a Mario Vargas Llosa, o primeiro que recibe un escritor en lingua española dende 1990, cando o recibiu Octavio Paz.
http://es.wikipedia.org/wiki/Mario_Vargas_Llosa

miércoles, 6 de octubre de 2010

¿A que sabe a lúa?

Acordádesvos dunha actuación de fin de curso dos alumnos de primeiro?


Pois é a representación do conto "a que sabe a lúa?. Atopei o conto en internet. Disfrutade de novo del.

lunes, 4 de octubre de 2010

Concurso: ler e escoitar


DESTINATARIOS: alumnos/as do 3º ciclo
MODALIDADES: Individual o en grupo (máximo 5 membros)
CARACTERÍSTICAS DO CONCURSO: Os participantes lerán dóus fragmentos en voz alta (catro a seis minutos cada fragmentos):
  • Un fragmento dunha obra elexido polo xurado
  • Un fragmento elexido polo concursante
FASES DO CONCURSO:
1ª fase: No centro, cun xurado formado por mestres/as do colexio que realizará as probas e seleccionará un alumno/a e, se o caso, un grupo para o pase a fase autonómica. Esta fase remata antes do 30 de outubro e deberán remitir un video do participante ganador/a e o grupo ganador/a (se é o caso)
2ª fase: Fase autonómica: elixen 5 alumnos/as e 5 grupos finalistas
3º fase: Fase final: os 5 alumnos/grupos finalistas teñen que ler en directo un texto elexido polo xurado e outro elexido libremente.
PREMIOS: (tanto para individiual como grupo)
Primeiro premio: Un lote de libros para o alumno e 300€ para a biblioteca do centro
Segundo premio: Un lote de libros para o alumno e 500€ para a biblioteca do centro
Todo alumnado finalista recibirá un lote de libros.
VALORACIÓN DAS LECTURAS POLO XURADO
Articulación, fluidez, ritmo, expresividade, volumene, dominio da linguaxe verbal e tamén da linguaxe corporal

jueves, 30 de septiembre de 2010

Novos libros

Dentro de pouquiño  empezará a funcionar a biblioteca. Están todos os profesores traballando nela e só falta comprar algún mobiliario e decorala



Seguen chegando libros. Estes son os últimos:
 
O INSÓLITO ASCENSO DE MADAME PÔL
Cando Madame Pôl se ofreceu como voluntaria, nin ela nin o mago poderían supoñer que unha corrente de vento inesperada e unha ventá, inoportunamente aberta, causarían tal desastre...

A maxia é caprichosa, como demostra esta divertida e surrealista historia, na que as ilustracións teñen un peso e unha función importante: complementar a brevidade do texto coa información visual que achegan as imaxes.

LUIS VAI Á PRAIA
Conta unha xornada dun cativo na ribeira co seu pai. Xogará na area, coñecerá outros meniños e vivirá animadas aventuras por mar, terra e aire. O autor é Guy Delisle.  e o deseño é de comic sen palabras

CONTOS PARA NENOS QUE DORMEN DESEGUIDA

28 contos curtos de Pinto Chinto: Un pirata, un pozo, unha princesa, o home do saco, unha bruxa, un músico, o vento, un volcán... son algúns dos protagonistas destas historias que rematan moitas veces cun final sorprendente ou cun toque de humor.



 
 
 
QUE BONITO É PANAMÁ!
Conta a viaxe que Oso pequeno e Tigre pequeno emprenden cara a Panamá seducidos polo aroma a plátanos dunha caixa que leva inscrito o nome dese país. Na Praza Maior.
HISTORIAS DE MESTRE RAPOSO
  Mestre Raposo vive na época medieval onde a fame e a penuria acucia os máis desfavorecidos e Mestre Raposo utiliza utiliza o enxeño para conseguir alimentos para a súa familia.

domingo, 26 de septiembre de 2010

Nacidos para ler

No blog do meu amigo MIK están postos estes tres videos dun minuto de duración  con contidos educativos dirixidos a nais, pais e adultos que están ao coidado de nenos e nenas, desde a etapa de xestación, até os 4 anos, co propósito final de incentivar a lectura e a manipulación do obxecto libro desde os primeiros anos de vida, así como tamén poñer de relevancia a importancia das familias como activos participantes e estimuladores da lectura. (2008)





jueves, 23 de septiembre de 2010

Contiño a contiño faise o libriño

O lema elixido para este curso no colexio é: "PASIÑO A PASIÑO FAISE O CAMIÑO" co que se pretende traballar a "CONSTANCIA"

O equipo da biblioteca modificamos o lema e quedounos así "CONTIÑO A CONTIÑO FAISE O LIBRIÑO" que tamén traballaremos a "constancia" pero a través dos contos de ANDERSEN

viernes, 17 de septiembre de 2010

De novo por aquí

Comeza un novo curso con novas e vellas caras pero sobre todo con moitas novidades:
  1. Fixéronme unha nova cova no primeiro andar moito máis ampla.
  2. Concedéronnos o Plan de melloras de bibliotecas escolares  (PLANBE) con todo o que significa de cambios na biblioteca seguindo o "plan" que deseñaron
  3. O Plan significa unha inxección moi importante de cartos (6.325 € para mercar fondos, mobiliario e equipos audiovisuais)
  4. Que todos os alumnos, despois do recreo, dedican 15 minutos á lectura (hora de ler)
  5. Moitas máis cousiñas que vos irei contando
Feliz curso e felices lecturas

miércoles, 30 de junio de 2010

lunes, 28 de junio de 2010

Videos de primeiro e quinto

PRIMEIRO DE EDUCACIÓN PRIMARIA:
Obra de teatro. Título: “A que sabe a lúa ?”.





QUINTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

Interpretación Musical. Título: “ Adaptación do segundo movemento da Sinfonía do Novo Mundo.
Intérprete: Dvrak.

jueves, 24 de junio de 2010

Máis vídeos

TERCEIRO DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

Canción. Título: “Como un lobo”.
Intérprete: Miguel Bosé.



SEGUNDO DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

Canción. Título: “Porompompon”.
Intérprete: Los Payos.

miércoles, 23 de junio de 2010

Festival fin de curso: 4ºB

Paréceme que non vou poñer máis videos: non hai mensaxes opinando do festival e sabedes que a Don Sapoconcho lle gusta moito as mensaxes

INFANTIL: podedes ver o vídeo na páxina das piruletas:  http://olapiruletas.blogspot.com/

Cuarto B: Canción con botellas. Título: “Lolli Pop”.
Intérprete: Mica.


martes, 22 de junio de 2010

Primeiras imaxes do festival de fin de curso

Déixovos as primeiras imaxes do festival; se deixades moitas mensaxes irei poñendo os vídeos de todas as actuacións: só se deixades mensaxe

martes, 15 de junio de 2010

Collejeros: enganchados ao libro

Collejeros mostra as actividades que realizan os nosos xóvenes o fin de semana:


sábado, 12 de junio de 2010

Que non falte a lectura este verano

Por fin cámbianme a miña cova e lévanme, este verán, ao primeiro piso. Prefería seguir na miña cova pero os xefazos din que é mellor que o comedor este na pranta baixa e a miña cova na primeira planta.

Así que este verán pasarei algo de incomodidades pero non vou deixar de ler. Propóñovos varios libros para este verán




PARA OS MÁIS PEQUENOS


*Könnecke, Ole. Tú puedes. Ed. Lóguez O pequeno paxaro desexa saltar dende unha rama á auga, pero o medo impídelle facelo. Os seus amigos apóiano e teñen fe en que o conseguirá. A amizade e as ganas por superarse o farán posible.










Luján, Jorge e Grobler, Piet. Oh, as cores!.
Ed. Kalandraka. Pequenos poemas para repasar a gama cromática, asociando cada cor a elementos da natureza, emocións ou sensacións.
Coas mans baleiras-Ana Tortosa- OQO: Hoxe é o aniversario de Mario e Alba está invitada a merendar na súa casa. Aínda non sabe que regalarlle e polo camiño vai pensando nun agasallo para o seu amigo. A ela ocórrenselle moitas cousas, pero non é fácil decidirse cando se quere algo especial.
O peto da risa-E.Lozano- Galaxia:No peto da risa hai unha chea de soños desexando saír. Dentro do peto da risa hai palabras. Nese peto teño os nomes dos meus amigos e das miñas amigas, pero tamén cantigas, e moitos risos. Sobre todo, risos.
PRIMEIRO CICLO

Pinga de choiva. Gracián, Ánxela. Ed. Xerais Neste libro cóntasenos a fermosa historia de amor entre unha pinga e o arco da vella. Ao dragón Arco da vella gústanlle moito as pingas de choiva, especialmente esas que quedan, tímidas, no envés das follas despois de saír o sol; esas pingas saben a orballo azucrado. Contra a tardiña, o dragón Arco da Vella agardaba pola Pinta Roseira na porta da súa casa; por alí volvería outras veces, unhas disfrazado de mar, outros de río, outras de lago e outras de choiva.



 La tortilla corredora. Herrera, Laura.Ed. Ekaré Había unha vez unha muller que tiña sete fillos moi famentos. Un día, a muller preparou unha deliciosa tortilla que puxo ao rescaldo. Os sete fillos miraban a tortilla, a tortilla miraba os sete fillos. Cando a tortilla estivo lista, a muller sacouna das brasas. Íaa sacudir cun pano, pero a tortilla saltou das súas mans e saíu correndo.
E ti que farías por min?- F. Casalderrey– Xerais :Malta e Marqués viven na rúa e ás veces pasan moita fame. Namentras Marqués lle conta a Malta canto faría por ela, Malta fai algo importante por Marqués. Adiviñas o que?


Cando non atopas a túa casa-P.Sánchez– OQO: É noite e pérdeste. Estás nun bosque descoñecido. Como atopar a túa casa? Non estás só/a, voces amigas axudaranche a regresar.”Le” ben cada ilustración, hai quen te acompaña en cada páxina (menos nunha?)








Diario de Pichük.Quen é Pichük?-M. Cráneo–Everest :Pichük lembra en primeira persoa as súas orixes familiares e as súas aventuras xuvenís. Vainos contar como chegou a converterse nun dos científicos de máis sona do Planeta Mincha grazas á súa curiosidade por todo o que o rodea.



Diario de Pichük.As minchas de Aridöndia– M. Cráneo– Everest : Pichük e o seu robot investigan polos desertos de Aridöndia o comportamento da especie que lle dá nome ao seu planeta: as minchas niles. Descubrirán como viven no árido deserto e intentarán descifrar a súa linguaxe xestual coa que conseguen predicir acontecementos importantes antes de que ocorran.




Malena Ballena-D. Cali-Libros del zorro rojo: As compañeiras de piscina de Malena fan burla dela polo que pesa, chamándolle balea.Pero o seu monitor de piscina ensinaralle un truco para descubrir o que
verdadeiramente é quen de facer Malena.






SEGUNDO CICLO

O cazador e a balea- P.Sánchez– OQO:Coma en Moby Dick,unha balea e un cazador que non parará ata darlle caza. Cazador e balea están sós. Día tras día e noite tras noite. Mares que cambian coas páxinas que vas pasando. Logrará o cazador o seu obxectivo?. Ese barco da garda final, que significará?. Emotiva historia de búsquedas, encontros e renuncias. Soños formulados e afastados que perseguen ideais que pasan fugazmente entre cores verdes, azuis, estrelas, mar, arpóns e barcos...Tras unha longa e dificultosa loita, ás veces hai que saber renunciar.



Cama e conto– G.Moure– Xerais: Malva devece pola chegada da noite, cando a súa nai senta na súa cama a contarlle o conto da noite. Pero cando aprende a ler, a súa nai e o seu pai están demasiado ocupados para lerlle polas noites e lle din que lea ela. Só que Malva non está disposta a renunciar a ese anaco de felicidade diaria. Algo ten que argallar.






O rei oso branco-T.Bowley-Kalandraka : O mozo entrou no bosque ao lombo do seu cabalo máxico. Cos seus ollos feroces, o peito ancho e os cascos de ferro,non se parecía a ningún outro cabalo do mundo. De súpeto...
Monta no teu cabalo de fantasía para percorrer os mundos máxicos que che ofrece o autor: fragas con animais faladores, cabaleiros, tenrura, princesas, humor, medo… non quererás perderte nin un dos relatos.

Carapuchiña “en rose”-A.Gracián - Everest : Érase unha vez unha nena á que todo o mundo coñecía polo seu fermoso abrigo vermello con carapucha. Cada semana ía visitar á súa avoa, que vivía ao outro lado do bosque, para levarlle unha cesta chea de lambuzadas. Un día bateu con Lobo. Parecía tan educado, tan atractivo, tan engaiolador, tan respectable? non puido evitar namorarse del.... pero… é realmente asi?.



El elfo y la princesa-F.Pessoa-Gadir(Colec.El bosque viejo): Érase unha vez un elfo que namorou perdidamente dunha princesa. Un pequeno problemiña: a princesa dos seus amores… non existía.

Lo mejor del mundo son los niños-F.Pessoa-Gadir (Colec.El bosque viejo): Un fermoso libro de poemas sobre a infancia e para a infancia. Seguro que che ha gustar.









El paraíso de los gatos– E.Zola-Gadir(Colec.El bosque viejo): Este gato de Angora farache partícipe da súa aventura e do motivo do seu regreso á casa. O simpático gato cóntanos con toda sinceridade a súa experiencia e as súas razóns, e tamén as dos seus compañeiros de aventuras, e con iso nos trasladan estas preguntas aos lectores: Debemos buscar na vida a seguridade ante todo? Ou hai outras cousas que quizais paguen máis a pena, como a busca de aventuras ou de ideais? 
Ciudad laberinto. Faktoría K de Libros  Neste libro viaxarás a unha cidade moi parecida á túa e descubrirás como os versos poden estar escondidos tras as súas rúas, as súas prazas, os seus sumidoiros, os seus tellados ou os seus rañaceos. E os seus sons e cores, os seus cambios estacionais, ou mesmo a xente que a habita e camiña polas súas rúas, poden servir de inspiración para crear poesía.
 Espantallo amigo.Neira Vilas, Xosé. Ed. Galaxia Esta é a historia dun espantallo que en vez de espantar os melros, faise amigo dos animais e dos rapaces. O tío Ramón de Rebordena fixoo cuns vimbios e unhas froitas e o espantallo cobrou vida



TERCEIRO CICLO

Dióxenes-P.Albo-Kalandraka: Toda a familia de Dióxenes colecciona cousas:dunas, bosques, pozas... A casa está chea ata os topes. E de cando en vez ven o tío carteiro coa súa colección de cartas de amor. Humor e tenrura para achegarse a un síndrome do que falan nos telexornais.




Reinas de los mares.Las mujeres piratas alrededor del mundo-J.Yolen-Oniro: Con pistola e alfanxe, capitanearon barcos piratas, valentes e ousadas, inxustamente esquecidas pola historia. Coñéceas.

Polly y los piratas-T.Naifeh-Dib-buks : Outra de piratas, con mapa do tesouro incluído, en banda deseñada estilo cartoon. Polly Ann Pringle é unha señorita estudosa de boa familia que creceu nun internado melindreiro, lonxe de calquera aventura. E a ela gústalle así. Imaxinarvos a sorpresa cando unha tripulación de piratas se a leva en plena noite. Ao descubrir que ela é en realidade a filla da Raíña Pirata deberá buscar a aventureira que leva no seu interior para encontrar o maior tesouro coñecido. Escapará Polly ao seu destino ou decidirá seguir o rastro da súa nai?.
Os tratantes de papagaios-L.Vila-Galaxia : ¿Que pasaría se alguén fose quen de falar cos animais...? ¿Pero como falan os animais?, ¿que pasaría se fósemos quen de lembrar aquela lingua que quizais algunha vez falamos? Os papagaios, entre outras virtudes, teñen a de dicir palabras, tal fosen humanos. Velaquí unha historia para facerche entender que a natureza hai que coidala. ¡E coidala moito!



Tezuka.Escuela de animación,1(nivel básico) e 2 (animais en movemento)-O. Tezuka– Norma: Coa axuda de Astro Boy, aprende técnicas básicas de animación dun experto pai do manga.

Do A ao Z con...Uxío Novoneyra-F.Fdez.Naval-Everest: Achegamento á vida, paisaxes e poemas de Novoneyra neste “vocabulario” esencial do autor. Na mesma colección poderás achegarte ao de Rosalía, Castelao, Neira Vilas, Cabanillas...

O dromedario nadador. López Rodríguez, Xavier. Ed. Alfaguara Xaquín, un rapaz de once anos que vive cos seus avós nunha aldea na que soamente hai outro rapaz, Brais, con máis vacas e presuntuoso. A problemática da separación dos seus pais (a nai, en Alemaña; o pai, en Tenerife) preséntase en cartas que en cada capítulo os dirixe aos seus proxenitores, coa ilusión tanto do reencontro familiar coma de ir de vacacións xunto ao pai.

Aínda que este verán a fuxida dun dromedario pequeno dun circo, capaz de nadar, e o seu coidado, entre as vacas da casa, fan que o seu aburrimento teña outro horizonte: a posibilidade de organizar paseos para turistas a lombos do exótico animal. Mais o proxecto cáese cando os donos do circo acoden a recuperalo. En todo caso, poderá ir a pasar unha semana co pai a Canarias. O dromedario afixérase sen a súa nai, pero el non é un dromedario. E segue estrañándoa, seis anos despois.

 Diario de un pardillo.Sierra i Fabra, Jordi. Ed. Destino Mariano decide escribir un diario durante todo un ano, ata cumprir os 12. Poderemos coñecer os seus amigos e inimigos, descubrir o que pensa, saber o que lle pasa e estar ao tanto das súas relacións familiares e amorosas... sobre todo, con moito sentido do humor.

Visto na páxina das bibliotecas escolares da Xunta:
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/322





LECTURAS PARA PAIS E NAIS



“The Brooklyn Follies”. Paul Auster. Galaxia Edicións: Nathan Glass regresa ao seu Brooklyn natal para escribir un libro despois de divorciarse da súa muller e superar un cancro. É unha historia situada nun ambiente cotidiano, na que o azar entrecruza varias vidas, con un final máxico e sorprendente .

“Seda”. Alessandro Baricco. Rinoceronte Editorial Un comerciante con un oficio un tanto estraño:Unha vez ao ano, cruza o mundo ata chegar a Xapón, compra ovos de vermes da seda e regresa a Italia para vendelos. Ata que nun dos viaxes regresa cunha carga máis delicada. Mezcla de historia e fábula, é un relato delicado sobre o amor.

“Xuntos e máis nada”. Anna Gavalda. Galaxia Edicións París exactamente ao pé da Torre Eiffel. Alí decorre a historia que conta "Xuntos e máis nada". A historia de catro persoas que pouco teñen en común, catro vidas perdidas que devalan no mundo ríspido da cidade, uns ninguéns. Catro sobreviventes que van aprender a compartir os medos, as esperanzas, a tenrura, a amizade, e tamén, os desencontros. Anna Gavalda escribe desde a experiencia da fraxilidade do ser humano, o equilibrio entre felicidade e desalento, que é o cerne desta novela.



“La primera detective de Botsuana”.Alexander McCallSmith. Umbriel edicións. Puzzle. Unha muller abre a primeira axencia de detectives de Botsuana… É unha novela orixinal e divertida, onde a protagonista resolve os pintorescos problemas que lle presentan utilizando o sentido común e a astucia. Fácil de ler, permítenos acercarnos a Africa dunha maneira pouco convencional.

Visto no club de lectura do Colexio Público "Quintela de Moaña"
Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.