Mostrando entradas con la etiqueta an alfaya. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta an alfaya. Mostrar todas las entradas

martes, 26 de octubre de 2010

Hoxe visítanos: AN ALFAYA

Visitou a cova a miña escritora preferida: An Alfaya que nos ensinou como utilizando os cinco sentidos podemos chegar a saber se un libro nos vai gustar

.  
Logo contounos a marabillosa historia da Buguina namorada, a historia dunha cuncha de nácara afundida no areal dunha illa perdida na inmensidade do océano e que se namora dun naúfrago. Aínda se me poñen as escamas de punta recordando o relato de An.

E para rematar, An asinou no libro de visitas

viernes, 26 de febrero de 2010

A sombra descalza

Outro libro adicado por An Alfaya ao noso colexio: A SOMBRA DESCALZA
Elsa, unha moza de dezaseis anos, vive asfixiada nun ambiente poboado de segredos familiares procedentes dun pasado escuro. A corda tensa dos silencios rómpese cando ela remexe neles, e fai que as voces das mulleres da casa, Amadora, Esperanza e Florinda, caladas durante moito tempo, revelen misterios que atinxen aos homes das súas vidas, Xuliano, Fernando, Bieito e Rafael, nunha tentativa de recuperar a dignidade perdida polas miserias da Guerra Civil. Nesa época quedou ancorada unha presenza ausente, Sagrario, que sen estar, paira pola vivenda como unha sombra descalza. An Alfaya mereceu o PREMIO LAZARILLO DE LITERATURA XUVENIL 2005 con esta emocionante e descarnada novela sobre a recuperación da dignidade das mulleres e a necesidade de esculcar no pasado para facelo.

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.