jueves, 23 de febrero de 2012

Xa temos gañadores

O xurado, despois de moito deliberar, xa deu a lista de gañadores e gañadoras do concurso de poesías:

  1. Categoría de Infantil: Alicia Pérez Coello de Infantil de tres anos co "Corazón de diamantes"
  2. Categoría de 1º Ciclo:  Athenea cazapal González de 1º co "O que máis quero: mamá"
  3. Categorá de 2º Ciclo: Marina Pereira dos Anjos de 3º co "Para mi abuela"
  4. Categoría de 3º Ciclo: Ignacio Guedella Coello de 6ºA co "Luz"
  5. Categoría de Nais-Pais: Loreto Pérez Román co "Amar"
  6. Mestres. Mestras: Ana González Novoa co "Qué es el amor"
Os premios daranse no Festival de Fin de Curso no que estará presente toda a Comunidade Educativa

martes, 21 de febrero de 2012

Concurso de poesías

Un montón de poesías entregaron estes alumnos; poesías dedicadas ás súas nais, aos seus pais, á amizade, aos seus mellores amigos, á primavera, ás flores, a unha xoaniña, ao seu coche de carreiras, á familia, ás súas mascotas, aos seus tíos, ao verán, ao seu amor, á luz do campo, ás estrelas,.....
UNS VERDADEIROS POETAS E POETISAS

Poesías de Infantil
Poesías do Primeiro Ciclo

Poesías do Segundo Ciclo

 
Poesías do Terceiro Ciclo


Poesías dos País


Poesías dos Mestres


Na publicación das poesías dos mestres aparece TANIA BARREIRO SUÁREZ que debería aparecer nas  poesías de Infantil. Perdón polo erro.

Tambien dicir que o xurado xa está a deliberar para decidir os gañadores pero a cousa está moi difícil agás na categoría dos mestres que a gañadora é ANA GONZÁLEZ, única participante (unha pena)
 
Os premios daránse no Festival de Fin de Curso

viernes, 17 de febrero de 2012

As fotos do Entroido



O ANPA invitou a todo o alumnado a ricas orellas



E se queres copiar as fotos soamente tes que picar neste enlace

https://picasaweb.google.com/112456302745279720072/Carnaval?authuser=0&authkey=Gv1sRgCLL107fz1-KuTQ&feat=directlink

Desfile de entroido


INFANTIL

PRIMEIRO CICLO




SEGUNDO CICLO



QUINTO



SEXTO A



SEXTO B

jueves, 16 de febrero de 2012

Falta un día

Que lles pasou o alumnado que non foi capaz de madrugar e para non chegar tarde desta guisa ao colexio chegaron



E a media mañá a tomar o chocolate que tan amablemente invítanos a ANPA

miércoles, 15 de febrero de 2012

Maragoto para o xoves

Seguimos a maragotear e os nenos e nenas trouxeron un flotador para non afogar






martes, 14 de febrero de 2012

Maragoto para o mércores

O alumnado do colexio rachou co entroido xa que trouxeron unha zapatilla de cada cor.




lunes, 13 de febrero de 2012

Maragoto para o martes

Este luns o alumnado, para evitar as dores de cabeza, en vez de aspirina trouxeon un gorro de piscina

Para o martes unha zapatilla de cada cor terás que levar se no entroido queres rachar


viernes, 10 de febrero de 2012

Maragoto para o luns


Maragoto para o luns 13 pídevos:
"Ante a dor de cabeza esquence a aspirina
e pon mellor 
un gorro de piscina"

viernes, 3 de febrero de 2012

Libros con moito "amor"

 "Un Amor" Por Cedella Marley. Unha mensaxe de amor universal
 

Besos, besos de Selma Mandine

"Un regalo del cielo". de Gustavo Martín


miércoles, 1 de febrero de 2012

Cartas e poesías de amor


CONCURSO DE POESÍAS
SE GRANDES E PEQUENOS UNIMOS AS NOSAS MANS PARA AMAR O NOSO MUNDO SERÍA MELLOR NON SI?

Sapoconcho non desiste na procura de vivir nun mundo no que as pelexas, as rifas, os problemas, as diferenzas, os insultos...desaparezan para sempre nos rumoreos do vento do inverno.
Para axudalo todos e todas (nais,pais,mestras, mestres, avós,avoas, tíos,tías,sobriños,sobriñas,nenos,nenas...) uniremos as nosas mans e os nosos pensamentos para escribir poesías de amor e inundar así o noso cole de bos pensamentos e propósitos.

Todas as poesías participarán nun concurso cun agasallo para:

- Categoría das Piruletas (Ed. Infantil)

- Categoría das Mans Alzadas (1º Ciclo)

- Categorías dos Pequenos maiores (2ºCiclo)

- Categoría dos Padriños e Madriñas (3º Ciclo)

- Categoría dos Que seguen a aprender (Mestres)

- Categoría Familiar (Pais,Irmáns,Tías...)


Bases de participación:
- Máximo:Unha carilla tamaño folio A4.

- Prazo máximo de entrega: 10 de febreiro.
- Lugar de entrega: Na urna do punto de lectura.
- Presentación: soamente se exporán e valorarán aqueles traballos que estean debidamente presentados e co nome e o curso do alumno/a.

- Nota: Os nenos e nenas de Ed. Infantil poden facer un debuxo relacionado ca temática do amor.

Xuntos imos encher o noso cole de enerxías positivas!


CARTAS DE AMOR

Sapoconcho é partidario de que vos agasalledes cartas de amor, se queres dicirlles cousas fermosas aos teus compañeiros, escríbelle unha carta.


Soamente tedes que cumprir as seguintes condicións:
1º) Ten que seguir o formato dunha carta( dentro dun sobre sen pechar co destinatario e remitente indicando o curso deste, ademais a carta ten que ter a estrutura propia desta.)
2º) Prazo de entrega:14 de Abril.
3º) Teñen que estar escritas nun talante positivo, sen faltas de respecto.
4º) Se entregarán nunha urna especial que estará no punto de lectura.

Xuntos imos encher o noso cole de enerxías positivas!



Teatro pola Paz

O alumnado de 2ºA xunto coa súa profesora representou unha obra de teatro con motivo do Día da Paz. O resultado foi impresionante.

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.