martes, 30 de marzo de 2010

Novos libros

Estes días chegaron a miña cova novos libros para todos os cursos e para todas as idades.
Da colección de "Antón e pompón" chegaron tres libros:
  • As cores
  • As vogais
  • Os meses
Hai que axudar a Antón cos meses, cas cores e cas vogais xa que se fai un lio con todo isto





Un libro moi bonito é: "Cinco contos con volta"son cinco textos presentados nunha caixa, compoñendo unha orixinal colección de contos mínimos de catro páxinas:

A galiña que puxo un ovo, e del naceu unha pita que co tempo puxo outro ovo
  • O rato que fuxiu polo burato, onde cómpre buscalo
  • Manoliño pescou un peixe pequeno, que lle deu tanta mágoa que o volveu ao mar e o conto volve comezar
  • O cangrexo con tal de facer camiño vai para adiante ou para atrás.
  • O coello branco, ceibo no xardín, fuxiu para o outro lado
"A miña amiga a escuridade" conta que mentres María xoga, a escuridade entra a través da xanela do seu cuarto. María non se asusta e xuntas pasan boa parte da noite xogando e bailando. Esta historia presenta á escuridade como amiga das nenas e os nenos



"A Miragaia"  
Unha semana despois celébrase o famoso parchís: a aldea é o taboleiro e os membros de cada familia vístense de fichas coa cor da súa casa; como o pai de Sabela está enfermo, o vello da Casoupa xoga de amarelo con ela, o can e a súa nai.
Un día chega desde un afastado país un neno moi triste que non fala con ninguén e que non lle gusta xogar. Constrúe unha casa gris cos seus pais, escapados do seu país fuxindo dunha ditadura estranxeira que pretende acabar coa súa cultura propia. Deciden ensinarse uns a outros os contos, xogos e ou idioma dos seus países respectivos. Ata que un día poden regresar á súa terra e aconséllanlles nunha carta que defendan aquelo que fai que sexan diferentes, do que deben estar orgullosos. Por iso cando a mestra dille a un dos mozos que fale en castelán, que é moito máis fino, el contéstalle que nunca renunciará á lingua galega.
Unha muller vestida con roupas moi coloristas e dúas margaridas no pelo que vén para inspirarse no mar para facer cadros e poemas, ensínalles a escribir poesía en pareados. E grazas ao ancián da Casoupa dá Toupa aprenden o que é unha metáfora e que a poesía se compón de sentimentos. Así coñecen o segredo da poesía. "Vos cativos estaban tamén moi emocionados. Agora eran verdadeiros poetas"


Un mundo raro. María bailaba. Oía a chuvia e bailaba. Oía o timbre e bailaba. Oía os paxaros pola mañá e bailaba. Mesmo as cousas que tocaba poñíanse a bailar.
Sara quería debuxar o mundo. Subía ás árbores e debuxábaos mazás, miraba o ceo e debuxáballe estrelas, miraba as flores e debuxábaos vestidos.

Juan oía o que dicían as cousas porque en lugar de dúas orellas, tiña dez. Cando naceu, a súa mamá preocupouse ao ver tantas orellas, pero Juan, que a oíu, mostroulle un gran sorriso.
Cando Rodrigo inventou unha gran rede, cazou os planetas e púxoos a dar voltas dentro da súa casa, todos dixeron: ¡ ¡ Rodrigo é inventor!!! E entón saíronlle lentes.
Antonia, en lugar de cabelo, tiña flores. Por iso algunhas persoas pensaban que, en vez dun nena era un soporte. Esta confusión non lle molestaba porque sabía que, cando florecía, a súa cabeza era realmente fermosa.
Cando Carolina naceu, imaxinou que era unha mazá. E, como para ela imaxinar algo e ser ese algo era o mesmo, co tempo foi un arroz, un peixe e un lago.





Os petos de Loreto. Loreto ten un montón de petos. Que gardaráno seu interior? Un relato rimado, ateigado de colorido, sobre un divertido personaxe que atesoura os obxectos máis inimaxinables. Sempre rodeada de nenos e nenas, de distintas idades e razas, Lola Pelillos é a grande amiga que todos esperan ter, porque ten recursos para todo: ocorrente, disparatada e extravagante. Calquera obxecto pode resultar útil nas súas mans, por iso, como por arte de maxia, de todos os cantos do seu abrigo saen xeados, bucinas ou sombreiros.








Chegaron moitos máis libros pero iso xa volo contarei noutra ocasión.

A razón de que hoxe escriba en azul é polo "día internacional para a concienciación sobre ou autismo" e podedes saber un pouco máis en http://oteropedrayo.blogspot.com/2010/03/2-de-abril-dia-internacional-para.html







viernes, 26 de marzo de 2010

Día mundial da poesía

Estes días estiven a visitar outras bibliotecas e hai unha que me gusta moi especialmente: a biblioteca do CEIP "Mestres Goldar" onde vive un rato "MIK"
É unha biblioteca que leva xa varios anos funcionando e organizan moitas cousas: "lecturas e encontros dixitais", "paz", "día do libro", "letras galegas", "semana da prensa", "hora de ler", "madriñas e padriños" e outras miles de cousas máis que podedes ver no seu blog: http://www.blogoteca.com/orecantodemik/

Estes días estiveron a celebrar a "semana da poesía" que resultou moi emocionante e polos comentarios que fan no blog ao alumnado lles gustou moitísimo e queren repetir. http://www.blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cod=82189

Eu aínda estou a comenzar coa biblioteca, as veces estou moi animado xa que levamos catalogados 2500 libros e parece que o traballo pesado empeza a rematar pero outras veces afúndome xa que a ampliación que tiña que estar feita xa no Nadal non ten trazas de que empecen e ase non podemos pola a funcionar, unha pena.

PD. Fíxenme amigo de Mik e prometeume que nos axudaría a comezar con esta aventura.
Grazas MIK

miércoles, 17 de marzo de 2010

A biblioteca

As bibliotecas son os lugares onde os días máis tristes poden convertirse nos días máis divertidos, cheos de emocións, de aventuras,...

Visto no Recanto de Mik

lunes, 15 de marzo de 2010

Conta contos

Este mércores os nenos/as do 1º Ciclo tiveron unha visita moi especial: a do "bardo Servando" que coa súa música e as súas marabillosas historias fixo as delicias de todos.
Aquí vos deixo unha pequena mostra do ben que o pasaron, dende logo que dá envexa eh?

Preséntase

Comenzamos

Vicentiño e o seu barquiño

O trasno rabeou

Se o río queredes coidar, moitas cariciñas os vou.......

Cando ela descansaba.....

Ela dicía......

Foi na tenda de...

sábado, 13 de marzo de 2010

Miguel Delibes

Discurso de Miguel Delibes na recollida do Premio Cervantes: SIMPLEMENTE IMPRESIONANTE.



viernes, 12 de marzo de 2010

Morre Miguel Delibes

Hoxe morreu Miguel Delibes, escritor de preciso e rico léxico. A súa primeira novela, "La sombra del ciprés es alargada" (un relato sobre a perda e a posibilidade da felicidade, ambientado en Ávila e Barcelona), obtivo en 1947 o prestixioso premio Nadal.


Acredor das distincións máis importantes das letras hispanas e varias veces candidato ao Nobel de Literatura. En 1973 ingresou na Real Academia Española; en 1982 gañou o premio Príncipe de Asturias das Letras e en 1993 o premio Cervantes.

Unha das máis de 60 obras é: "mi mundo y el mundo" que a temos catalogada na nosa biblioteca co número 2249, escolle diferentes aventuras de nenos, historias de animais, impresións curiosas das súas viaxes que escribiu en libros para maiores e que poden interesar aos rapaces.



DELIBES: GRAZAS

lunes, 8 de marzo de 2010

Día Internacional da Muller

Día Internacional da Muller


viernes, 5 de marzo de 2010

SEGUIMOS TRABALLANDO COA PRENSA.


Agora que xa sabemos os diferentes tipos de novas que nos poden ofrecer os xornais, tócavos a vos exercer de xornalistas.

Anímovos a crear entre todos os alumnos e todas as alumnas un xornal. Porque xa sabedes que este ano o cole está a traballar a redor do lema:

SOMOS DIFERENTES
SOMOS NECESARIOS

Teredes que investigar... redactar...facer fotos....todo o que fan as persoas que traballan nun xornal.

Pero só nos interesan as novas do que acontece ao teu redor: na túa casa... no teu barrio... no teu cole... e á xente que ti coñeces.

Escribe as novas e publícaas nos taboleiros que atoparás polos corredores do cole.

Veña, a traballar, que teño moitas ganas de ler o xornal.

miércoles, 3 de marzo de 2010

Día da muller traballadora

O luns día 8 de marzo celebraremos o Día da Muller Traballadora, unha data importante para lembrármonos que TODAS SOMOS DIFERENTES, TODAS SOMOS NECESARIAS.

E para lembrar que todos e todas temos os mesmos dereitos, que todas e todos temos as mesmas obrigas podedes ver este conto UNHA FÉLIZ CATÁSTROFE.

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.