martes, 30 de diciembre de 2014

FESTIVAL DE INVERNO

O Festival de Inverno foi todo un éxito. Se volo perdestes ou queredes volver velo, aquí tedes os vídeos:

Boneco rock- 3 e 4 anos.

Solamente tú- 2º de EP

El camello cojito- 5 anos


Los reyes en camión-Infantil


1º ciclo de EP

Laura

Alborada de Rosalía de Castro- 2º ciclo de EP


5º de EP

6º de EP

Nace "Criaturas" unha revista dixital especializada en literatura infantil e xuvenil




A comezos deste mes de decembro presentouse no Culturgal a revista dixital especializada en literatura infantil e xuvenil ‘Criaturas’.

‘Criaturas’ é unha publicación dedicada á LIX que abranguerá “distintos eidos da literatura infantil e xuvenil galega (crítica, ilustración, tradución…), detendo tamén a atención nas novidades editoriais e facendo un traballo a prol da visibilización de autoras/es e ilustradoras/es. Aínda que a lix galega será o eixo central, abordaranse tamén outras literaturas que se irán incorporando ás seccións da revista número a número, para así achegar ao lectorado unha panorámica xeral da literatura infantil e xuvenil, explica o grupo promotor desta iniciativa.

O número 0 está moi interesante e esperamos que vos guste. Xa temos o enlace á publicación na columna da esquerda do blogue. 


viernes, 19 de diciembre de 2014

Recomendacións de lectura para este Nadal

Xa están aqui as recomendación lectoras para este Nadal. Esperamos que tomedes boa nota e que vos gusten moito.
Felices festas!

miércoles, 26 de noviembre de 2014

BOSQUES QUE FALAN.


A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, tróuxonos esta actividade que pretendeu achegar ás rapazas e rapaces ao coñecemento dos ecosistemas máis característicos da nosa contorna. Pero a un coñecemento non restrinxido á súa dimensión natural, senón tamén cultural, que pasa, indubidablemente, por descubrir os nomes das árbores, animais ou fungos que os conforman.
A actividade consistiu na creación plástica, a través de materiais de uso escolar habitual como pinturas, ceras, plastilina, etc., en combinación con elementos naturais (fundamentalmente follas), dun bosque atlántico típico galego. Un bosque no que cada un dos seus elementos aparecerá identificado co nome común que lle corresponde na nosa zona. Para isto, comezamos a actividade cunha breve presentación de diapositivas que serviron para introducir ás rapazas e rapaces no léxico relacionado cos ecosistemas terrestres autóctonos máis próximos.

 

domingo, 16 de noviembre de 2014

Ríos que falan



A actividade consistiu na creación plástica dun río típico galego empregando materiais como plastilina, pinturas, cartolinas, etc. en combinación con elementos naturais (terra, follas; segundo a época). Sobre a maqueta colocaronse os nomes de todos os elementos integrantes do ecosistema fluvial e as construcións humanas con el relacionadas.
O obxectivo da actividade era dar a coñecer o léxico que intervén nos ríos galegos, tanto na súa vertente natural como cultural. Para isto, comezamos cunha pequena presentación sobre os ecosistemas fluviais, a flora e fauna que os integran e os aproveitamentos humanos máis típicos que deles se ten feito na nosa contorna.
Antes de finalizar o obradoiro propusose ao alumnado pescudar o nome ou nomes do curso de auga máis importante do seu barrio (introducindo deste xeito o concepto de hidrónimo) e algunha lenda ou historia con el relacionadas.

sábado, 15 de noviembre de 2014

Obradoiro de papel reciclado

O alumnado de 5 anos realizou este obradoiro de ciencias concedido polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello. Toda a clase participou na elaboración dun papel diferente e atractivo ao tempo que reflexionou sobre o abuso das cortas de árbores. 

miércoles, 5 de noviembre de 2014

Samaín 2014



O pasado xoves celebramos Samaín no cole. Familias, alumnado e profesorado conseguimos deixar o cole arrepiante:

miércoles, 29 de octubre de 2014

XOGOS MUSICAIS

A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, brindounos esta actividade: Xogos musicais, un obradoiro destinado a fomentar o desenvolvemento psicomotriz e musical, con melodías, cancións e danzas en colectivo, co galego como idioma vehicular.
Comezamos o obradoiro cun par de cantigas, coñecendo os instrumentos empreados, para rematar bailando todos unhas danzas moi entretidas.
 

miércoles, 2 de julio de 2014

Recomendacións para o verán.

 Don Sapoconcho marcha tamén de vacacións. Ten moitas bibliotecas e librerías que visitar. Pero antes de marchar quere deixarvos unhas recomendacións para o verán. Seguro que atopades algún título interesante. Don Sapoconcho deséxavos un verán cheo de diversión, xogos e moita lectura!



viernes, 30 de mayo de 2014

CELEBRACIÓN LETRAS GALEGAS 2014

A celebración voltou a ter como protagonista este Maio tan fermoso feito coas achegas das familias, o traballo da nosa ANPA, a colaboración do alumnado e o profesorado, e a boa man da nosa conserxe.

Para comezar nenos de 3º e 5º recitáronnos orixinais e divertidos Maios:


 

O acto continuou co recitado de algúns dos poemas de Xosé María Díaz Castro por parte de alumnos de 6º e 1º, 2º e Infantil:



A continuacón, Infantil bailou ao redor do Maio a canción Camiño de Viseu:


Ángela de 4º bailounos unha xota galega:


O final de festa foi espetacular, toda primaria bailou unha muñeira, o que foi posible grazas a nosa supermestra de música:


A verdade é que foi unha conmemoración fermosa. Por sorte, tivemos a nosa teacher, cámara en man, para facer posible compartir estes momentos coas familias.

jueves, 22 de mayo de 2014

FALAMOS 2014

A nosa revista do curso 2013/14 xa está nas casas do noso alumnado. Para os demáis, aquí a tedes:

miércoles, 21 de mayo de 2014

Os Maios



O alumnado de 3º aprendeu sobre os maios de man dunha actividade dinamizadora do galego, ofertada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello.
Neste obradoiro coñeceron as orixes da festa, dos cantares, dos persoaxes, ... e, por suposto, aprenderon e practicaron unha fermosa danza.



jueves, 8 de mayo de 2014

Xosé María Díaz Castro

Achégase a conmemoración das Letras Galegas. 

Así que imos ir colgando pequenas pinceladas do autor homenaxeado este ano. 

O IES As Barxas de Moaña (Pontevedra) fixo esta pequena curta que recrea o poema “Penélope” de Xosé María Díaz Castro mediante a mestura das voces do alumnado cunha moderna animación manga:

 


O noso cole está moi florido grazas a boa man da nosa conserxe: Chus. Grazas a ela podemos por imaxes a un poema moi fermoso de Xosé María Díaz Castro:







ESMERALDA

Herba pequerrechiña
que con medo surrís
ó sol que vai nacendo
e morrendo sin ti,
por que de ser pequena 
te me avergonzas ti?
O Universo sería
máis pequeno sin ti!





martes, 8 de abril de 2014

Mai Lúa

O pasado xoves, o alumnado de 3 e 4 anos recibimos a visita de Mai Lúa. A nosa amiga viu cargada de música e contos. Así coñecemos interesantes  instrumentos, como a zanfona e máxicos personaxes, como a Pita Amarela.

martes, 25 de febrero de 2014

6º APRENDE SOBRE O MERDEIRO

Unha vez máis, unha actividade de SNL do Concello de Vigo capta o interese do alumnado de 6º de Primaria. Nesta ocasión trátase do Merdeiro, persoaxe típica do entroido vigués.








jueves, 13 de febrero de 2014

Ludoteca lingüística

Onte o alumnado de 5º e 6º puido divertirse nesta xincana da nosa lingua, concedida polo Concello:

martes, 4 de febrero de 2014

A maleta da avoa.

O pasado mércores todos os nen@s de Infantil puideron rematar o día cunha morea de contos, q está vez non viñan nun libro, estabán todos dentro dunha maleta: a maleta da avoa! (Outra actividade de Dinamización lingüística, concedida polo Concello).

viernes, 31 de enero de 2014

PASENIÑO COA LINGUA

Se picades no seguinte enlace poderedes ver as fotos doutra actividade de Normalización Lingüística concedida polo Concello de Vigo:

miércoles, 29 de enero de 2014

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.