sábado, 29 de mayo de 2010

Unha de piratas

O venres o colexio estivo ocupado polos piratas que viñeron a ver as expectaculares actuacións dos alumnos que durante todo o curso estiveron a asistir ás actividades extraescolares.
Expectaculares imaxes que seguro que farán que moitos alumnos, que este ano non se apuntaron, o farán para o próximo curso.
Dende a miña cova vexo todo o que acontece no colexio e vos podo asegurar que estas nais do ANPA non paran de traballar para que os alumnos do colexio teñan todos os servizos posibles. Grazas ANPA



video

video


video

video

video

video

video

lunes, 24 de mayo de 2010

O caso do libro desaparecido

En "leer.es" póñennos este video duns nenos dun instituto que teñen que resolver un misterio para non cargar eles coas culpas


jueves, 20 de mayo de 2010

Letras Galegas

O mércores, continuando coa celebración das Letras Galegas, os nenos e nenas demostraron o que aprenderon sobre as regueifas.











Logo de gozar das diferentes actuacións, a responsable do Equipo de Normalización Lingüística anunciou o lema gañador do concurso. Aquí temos a súa autora que foi a primeira en recibir o adhesivo coa súa ilustración. Xa sabedes... GOZADE DO GALEGO!









viernes, 14 de mayo de 2010

Regueifas

O Equipo de Normalización Lingüística non para de mandarme cousiñas. Claro, estamos en plena celebración das Letras Galegas...

O mércores viñeron ao colexio unha parella de regueifeiros. Fixeron una actuación moi divertida para os rapaces de Infantil. Canto riron os cativos... e as mestras! Logo foi o quenda dos nenos de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria. Para eles houbo un Obradoiro de Regueifas. Canto aprenderon!. Estamos desexando ver como regueifan.





martes, 11 de mayo de 2010

Concurso do lema para as Letras Galegas

O equipo de Normalización Lingüística pediu que cada neno e nena do colexio diseñara nunha cartulina un lema que fomente o uso da lingua galega ilustrándolo cunha soa cor. Un deles servirá de deseño para facer autocolgantes para todos os nenos e nenas do colexio.
Estes son todos os carteis que fixeron o alumnado: un bo traballo

domingo, 9 de mayo de 2010

Contacontos

O xoves, aos nenos de Infantil e aos do 1º ciclo o Ratiño Pérez veulles contar un par de contos. Cando acabou de contar o 1º conto entráronlle as ganas de facer pipí” e tivo que marchar. Menos mal que o amigo que o acompañaba traía uns monicreques moi bonitos e lles contou a historia dun rei que tiña 3 fillas que...
Cando voltou o Ratiño Pérez... contou outro conto pequeniño.
Pero tamén os nenos do 2º e 3º ciclo tiveron a sorte de disfrutar dos contos do amigo do Ratiño Pérez porque este ratiño so conta contos para os nenos pequeniños.
Encantoume as cariñas que os quedaron a todos e a todas escoitando os contos



miércoles, 5 de mayo de 2010

Carteis e unidades didácticas para as Letras Galegas 2010

Preséntovos os carteis e os recursos didácticos elaborados polo Equipo de Normalización Lingüística coa colaboración dos diferentes ciclos para traballar a figura de Uxío Novoneyra.







Picar na imaxe para ver as actividades

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.