Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de septiembre de 2010

De novo por aquí

Comeza un novo curso con novas e vellas caras pero sobre todo con moitas novidades:
  1. Fixéronme unha nova cova no primeiro andar moito máis ampla.
  2. Concedéronnos o Plan de melloras de bibliotecas escolares  (PLANBE) con todo o que significa de cambios na biblioteca seguindo o "plan" que deseñaron
  3. O Plan significa unha inxección moi importante de cartos (6.325 € para mercar fondos, mobiliario e equipos audiovisuais)
  4. Que todos os alumnos, despois do recreo, dedican 15 minutos á lectura (hora de ler)
  5. Moitas máis cousiñas que vos irei contando
Feliz curso e felices lecturas

martes, 20 de abril de 2010

Día do libro

Os alumnos e alumnas de Infantil de catro anos, co galo do día do libro, fixeron un bonito conto titulado NA HORTA

Déixovos as bibliotecas máis belas de Europa Que xoia de espacios!...¡¡¡¡Es para entrar e non saír nunca!!!!

miércoles, 17 de marzo de 2010

A biblioteca

As bibliotecas son os lugares onde os días máis tristes poden convertirse nos días máis divertidos, cheos de emocións, de aventuras,...

Visto no Recanto de Mik

jueves, 12 de noviembre de 2009

É unha lata o traballar

Como está a miña cova! Que desorde! Canto traballo! Canto po!
Pouco a pouco vou lendo todos os libros, tiro os que non valen e os outros os vou colocando nos seus estantes.
Como xa lin máis de 900 libros decidín comprar unhas grandes caixas plásticas para que os profesores poidan levar libros ás clases.


Un saúdo. Don Sapoconcho
Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.