jueves, 28 de abril de 2011

III Feira do Libro

No Colexio e con grande éxito, celebramos a III Feira do Libro.
O alumnado aportou libros de vello que cambiou por bonos cos que mercou outros libros nos diferentes postos
Unha boa forma de intercambiar libros



E si visitades o blog de Infantil veredes como celebraron o Día do Libro
http://olapiruletas.blogspot.com/2011/04/y-asi-leyeron-algunas-pirus-sus-cuentos.html

lunes, 25 de abril de 2011

Día do libro

O pasado 23 de abril foi o "Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor".


O colexio ímolo celebrar o mércores 27 coa III Feira do Libro que de seguro terá o éxito das anteriores.
O poeta Carlos Negro agasallou ás Bibliotecas Escolares Galegas cun fermoso texto, "O lugar da lectura", e a Consellería de Educación editou con el un marcapáxinas para celebrar este 23 de abril de 2011.
Unha illa de luz na xema dos dedos.
Unha porta sempre entreaberta.
Unha duna cara ao vento.
Unha nube sobre a herba.
Unha casa encantada.
Unha laranxa do paraíso.
Unha pousada no inferno.
Unha man e unha fouce.
Unha carapucha vermella.
Unha bufanda colorada.
Unha alfombra no ceo.
A pulga e o xigante.
A rosa e o cravo.
A serpe e a mazá.
A fonte e o cervo.
A flor da candea.
A fenda do espello.
A lúa na boca.
A tona do tempo.
A pedra e o canto.
A voz e o silencio.
O lugar da lectura.

 
MARCAPÁXINAS (dobrar en sentido lonxitudinal)


.

sábado, 16 de abril de 2011

Preparando a feira do libro

Para celebrar o día do libro, no noso cole imos "de feira". Este vai ser o terceiro ano que montamos postos con moitos libros que traemos da casa e despois, levamos uns que trouxeron outros nenos. Esta festa é moi divertida e gusta moito moito




miércoles, 13 de abril de 2011

Abraham Carreiro

O pasado luns visitounos o ilustrador Abraham Carreiro.
Aos máis pequenos fíxolles uns debuxos moi divertidos e aos maiores ensinounos a facer diferentes tipos de viñetas dos cómics

martes, 12 de abril de 2011

Xosé Neira Vilas: Libros e lectura na xente nova

Déixovos a gravación da conferencia de Neira Vilas que tiven a ocasión de gozar nos encontros do PLAMBE (a partires do minuto 7)


Video streaming by Ustream
Tedes as gravacións do resto dos relatores en http://www.edu.xunta.es/biblioteca/redeBE/course/view.php?id=12 na xanela da dereita onde pon "engadido recurso" (e o nome do relator)

sábado, 9 de abril de 2011

Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2010/2011

Os días 7 e 8 de abril os encargados das bibliotecas do PLAMBE reunímonos no Palacio de Congresos de Santiago para profundizar no modelo da biblioteca escolar que se está a estender, como centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe.
Os Encontros foron interesantísimos cum programa e uns relatores, penso, de altísimo nivel.
Así o xoves, que estivemos soamente os novos do PLAMBE, aprendimos moito con Mónica Baró onde reflexionamos en torno á biblioteca escolar como ferramenta de traballo para o profesorado e o alumnado; Para que unha biblioteca escolar? Como facela posible? Como facela útil? Como facela imprescindible?
Logo, coas asesoras Cristina e Pilar dimos un repaso pola situación actual das bibliotecas escolares.
Co profesor da Universidad de Salamanca José Antonio Cordóns vimos algunhas das aplicacións de internet máis útiles para o traballo no ámbito da biblioteca
Luis Miguel Cencerrado, que é o coordinador do Centro de Documentación e Investigación de Literatura Infantil e Xuvenil da Fundación Germán Ruipérez de Salamanca falamos da importancia da "colección" de asentar criterios para a selección das obras en distintos soportes.
O venres, despois dunhas palabras do Conselleiro e xa todos os responsables do PLAMBE, con Teresa Mañá chegamos a conclusión da importancia da construcción dunha ferramenta de autoavaliación para promover o autoanálise para repercutir nunha mellora da biblioteca escolar
Logo tivemos sesións simultaneas sobre "literatura en imáxes" Elexín a mesa sobre experiencias con banda deseñada onde os representantes dos colexios CPI Castro Baxoi (Miño, A Coruña), CRA de Ribadumia e o CEIP Fleming de Vigo mostráronnos as súas experiencias con este tema
Pola tarde nos xuntamos por zonas educativas para falar dos atrancos que nos atopamos e por último XOSÉ NEIRA VILAS pechou os encontros. A súa intervención foi IMPRESIONANTE contándonos cousas da súa niñez e os seus primeiros contactos cos libros e coas bibliotecas,  das súas estadías na Arxentina e Cuba e do seu traballou no fomento da lectura. Disfrutamos tanto coas súas verbas que ao remate e con toda a sala en pé os aplausos duraron varios minutos. 


domingo, 3 de abril de 2011

Día do libro infantil e xuvenil

O día 2 de abril celébrase o "día do libro infantil e xuvenil" coincidindo co día do nacemento do escritor de contos Hans Christiam Andersen  


  

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.