lunes, 28 de febrero de 2011




....e para seguir feito un pincel
mañá traerás
un sombreiro, tamén de papel...

viernes, 18 de febrero de 2011

Cine

A partir do luns xa se poden levar películas en DVD para velas na casa.
Conseguín unha boa colección  para que as podaís ver na casa xunto coas vosas familias e disfrutar un rato agradable todos xuntos .
Títulos como: Monstruos, Bolt, Mary Poppins, Buscando a Nemo, Mulan, Cars, Bichos, Harry Potter, Tintín, Ice Age, El gran dictador,.......
Recordade que podedes levar: Dous libros por un tempo máximo de 15 días ou unha película ou disco-música máis un libro por un tempo máximo de 15 días.

Deixovos os trailers dalgunhas das películas que chegaron a miña cova.

martes, 15 de febrero de 2011

Vicentinho e as árvores da paz

Acordadevos do "bardo Servando" que coa súa música e as súas marabillosas historias fixo as delicias de todos xa fai una ano.
http://donsapoconcho.blogspot.com/2010/03/conta-contos.html

Vicentiño e o seu barquiño


A nai de Ana Rodríguez (3º), Mª Esther, regalounos este libro-CD  onde participa un vello coñecido de todos nós: o bardo Servando.
"O paxaro Vicentinho descubrira que nas polas das árbores aniñaba a palabra PAZ"...así comeza este musical para nenos, baseado na obra de Anxo Moure que aparece recollido no libro-CD "Vicentinho e as árvores da paz" do grupo de teatro Touporroutou.
O principal obxectivo de Touporroutou é a escoita e lectura de contos en galego, transmitindo mensaxes que falan de paz, solidariedade e respecto pola natureza, a

sí como o coñecemento de instrumentos e sonoridades pertencentes á tradición galega, xunto con outros pertencentes a outras culturas. Para Touporrotou está tamén presente a importancia da reciclaxe -o propio libro está editado en papel reciclado-, tanto na elaboración de intrumentos musicais como na creación de novos contos e cantigas a partir das tradicionais, ademais do interese polos nosos ríos, bosques e mares.




Escoita o comenzo deste marabilloso CD

lunes, 14 de febrero de 2011

Poesías de amor

Cantas poesías entregastedes; nenos, nenas, mestres, mestras, avós, pais, nais.....todos grandes poetas
Poesías de amor ao can, a chica perfecta, á avoa, á cobaya Kiuti, a profe Ánxela, a Bob Esponxa, ao amor en xeral, a nai, ao pai, ao fillo/a, á semán, a familia, ao amor imposible, ao amor prohibido, .......




Pica na imaxe para ver tódalas poesías
Aquí déixovos unha mostra representativa pero podedes ler todas picando na imaxe
Me quiere siempre
Ayer hoy y mañana
Me gusta mamá
Adoro a mamá

Papá te quiero
Antes ahora y después
Para mi eres mi tesoro
Así que siempre te querré

Ladra que ladra
mi perra ladra que te ladra
si está contenta ladra
si tiene hambre ladra
si no juego con ella....tambien ladra
y es que a mi Capri lo que más le gusta
es......ladra que te ladra
..........

Elevo os ollos ao ceo
e a túa mirada queta a miña alma,
o meu corpo
Despois de tanto tempo,
a túa ausencia da terra aínda me doe,
pero non a mollo, xa non te choro,
o frio foise de min
Avoa, querida avoa,
avoa, adorada avoa
...........

Querote moito Ánxela
e a Mario
e os quero porque
nos enseñais moito




miércoles, 2 de febrero de 2011

Poesías de amor













NO LONGO CAMIÑO DA VIDA HAI TEMPO PARA:

Respectar, falar, xogar, cantar, correr, estudar, brincar, escribir, felicitar, abrazar,...

E TAMÉN HAI TEMPO PARA AMAR
Este mes é un mes especial para o noso amigo SAPOCONCHO que se sinte mareado, ledo e triste o mesmo tempo, inspirado, creativo...

Por este motivo quere convidar a todas as nenas e todos os nenos, aos pais e nais, as mestras e os mestres, aos avós e avoas, tíos, tías, curmáns...a participar no

primeiro concurso de pesía do colexio Otero Pedrayo

Para participar tedes que escribir unha poesía na que expoñades os vosos sentimentos de agarimo, agradecemento, amor, ledicia a persoa que vos queirades porque vos gusta e porque vos peta.

Pensade na moza que vos gusta, no voso pai, en Dora exploradora, en Bob Exponxa ou en Lina Morgan e co lápis comezade a escribir....


Os nenos e nenas de infantil poden facer un dibuxo

Máximo: 1 folio
Prazo: 10 de febreiro
Valorarase a calidade da poesía e a presentación
Lugar de entrega: na urna no punto de lectura
Poñer: nome do alumno ou do pai, ou do tío ou do curmán,…… (e de quen) ou do mestre

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.