viernes, 30 de abril de 2010

Dióxenes

Hoxe recomendamos: DIÓXENES
Dióxenes fálanos da súa familia e das súas peculiares afeccións. O costume do abasto, como o chama o pai. Os avós coñecéronse recollendo charcos os días de chuvia; a irmá maior acumula obxectos inservibles; o irmán pequeno, calquera cousa que se poida contar; os pais, calquera cousa que poida contar o irmán pequeno; o tío carteiro colecciona cartas de amor; Dióxenes, de todo: un submarino, unha duna, un bosque de eucaliptos, cincuenta e sete boias coas súas cincuenta e sete campás.


O autor Pablo Albo é contista de profesión. Antes de chegar a iso, naceu en Alicante en 1971. Foi ao colexio como todos os nenos do seu barrio. En sétimo de EGB gañou o concurso de relatos da súa clase. Déronlle un balón de goma e un xogo magnético. Sóubolle a pouco, pero deu as grazas e quedoulle dentro a afección das letras.
Non deixou de escribir historias e en 1994 empezou a contalas. Por aquel entón xa rematara BUP e COU e estudaba Traballo Social na Universidade de Alicante. Nunca chegou a exercer, aínda que si a diplomarse. Xa antes de rematar sentiuse tentado pola farándula e simultaneou os estudos cos de Animación Sociocultural.
Levado polo impulso irrefreable da xuventude fundou, xunto a dous amigos, o grupo Albo que tantas satisfaccións lle proporcionou nos dez anos e pico que estivo vivo.
Participou en case todos os festivais de narración oral e contou contos en case todas as provincias deste país e nalgún outro.Como non se lle quitou a manía de escribir, seguiu facéndoo. Sempre contos, para nenos ou para adultos


viernes, 23 de abril de 2010

DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril, celebramos o DÍA DO LIBRO. É un día moi importante no cole porque lembramos o importante que son os libros e a fantasia.

A mestra Mariví e o mestre Sergio deleitáronnos cuns contos musicados... si, si...musicados. Mentras líamos uns contos eles tocaron o violín e o piano... unha delicia!!!!


Tamén celebramos a II FEIRA DO LIBRO, na que cambiamos os nosos bonos por libros que foron traendo todos os alumnos e todas as alumnas do cole. Ademáis, en cada posto de libros agasallábannos cun pequeno detalle: un marcalibros, uns amorodos, uns cacahuetes ou unha pranta. O certo é que foi todo un éxito porque todas e todos marcharon para casa cargados de libros e con ganas de lelos e gozalos na casa.




Moitas grazas a todas e a todos por participar.

miércoles, 21 de abril de 2010

Conta contos

Este mércores os nenos/as do 1º Ciclo tiveron unha visita moi especial: a do "bardo Servando" que coa súa música e as súas marabillosas historias fixo as delicias de todos.

Aquí vos deixo unha pequena mostra do ben que o pasaron, dende logo que dá envexa eh?



Preséntase

Comenzamos


Vicentiño e o seu barquiño


O trasno rabeou


Se o río queredes coidar, moitas cariciñas os vou.......


Cando ela descansaba.....


Ela dicía......


Foi na tenda de...

martes, 20 de abril de 2010

Día do libro

Os alumnos e alumnas de Infantil de catro anos, co galo do día do libro, fixeron un bonito conto titulado NA HORTA

Déixovos as bibliotecas máis belas de Europa Que xoia de espacios!...¡¡¡¡Es para entrar e non saír nunca!!!!

martes, 13 de abril de 2010

II FEIRA DO LIBRO

O vindeiro venres día 23 de abril, co gallo do día do libro, celebraremos a II FEIRA DO LIBRO do CEIP Otero Pedrayo.


Cada ciclo montará un posto para expor os libros...e non sabedes o bonitos que lucen!!!

Ao igual que na pasada edición, o alumnado aportará libros de vello que cambiará por bonos cos que mercar outros libros en calquera dos postos.

Polo de agora están chegando moitos libros.... e áinda queda tempo para máis... A Feira terá moitas e moi boas ofertas para ler.

martes, 6 de abril de 2010

A era BOOK

Encantoume o video que vin no blok do Recanto de Mik

viernes, 2 de abril de 2010

A libraria máis fermosa do mundo

A libraría considerada máis bonita do mundo témola moi preto: a libraría Lello en Porto a tan só 150 Km de Vigo.
Esta libraría é famosa no mundo enteiro e unha das iconas dunha cidade con gran tradición literaria e intelectual
Unha enorme xoia arquitectónica é a enorme escaleira labrada no centro do local
A decoración baseada en madeiras talladas, filigranas e multitude de detalles dotados do encanto do antigo, conseguen un ambiente que namora non só aos amantes dos libros senón tamén da historia, a arte e a arquitectura
No teito unha fermosa cúpula de cristal dota de maxia á libraría permitindo a entrada da luz natural perfecta para a lectura
O parqué de madeira do chan está atravesado por unha estreita vía pola que circulaba un vagón que percorría a libraría
Nesta libraría, pola súa beleza rodáronse escenas do coñecido Harry Potter





Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.