lunes, 21 de mayo de 2012

Revista 2012


Antía: poetisa

A nosa alumna Antía Pazos Alonso de 4º participó e gañou  XVI CERTAMEN FRANCISCO AÑÓN DE POESÍA do Concello de Outes
 http://www.outes.es/castelan/axenda.html
NORABOA

Pica na imaxe para ler a poesía

Xogos Populares do Ceip "Otero Pedrayo"

Como non podemos acudir aos Xogos Olímpicos o Equipo de Normalización Lingüística tróuxoos ao colexio e organizou os I Xogos Populares do Ceip "Otero Pedrayo"
Grazas Equipo

miércoles, 9 de mayo de 2012

Un novo reto

A nosa querida mestra Lourdes voltou a abrir a......
CAIXA DOS RETOS
Desta saiu a seguinte poesía:

A miña avoa Mariana ten unha cana
cana canariana
A avoa Mariana cóntame os contos,
sempre a súa maneira.

Eu quéroa moito e quéroa tanto....
dúchame, peitéame
e lévame o campo.
Ensíname cancións, axúdame a estudar,
di poesías, adoitamos xogar.

Logo pola noite, a avoa me vela,
un conto me conta,
e cando me durmo apaga a vela.

Mariana a miña avoa,
amiña avoa Mariana,
de palla o chapeu, o traxe de pana.

A miña avoa Mariana, non parece avoa....
parece unha fada
                                              Gloria Fuertes

Agora tócanos traballar!
Unha morea de cousas que averiguar........
Unha autora que investigar
Un acróstico que inventar
e unha avoiña que agasallar



martes, 8 de mayo de 2012

Letras Galegas

Segundo o calendario oficial a celebración das Letras Galegas vai do 9 ao 16 de maio.
O autor homenaxeado este ano é Valentín Paz Andrade.
O equipo de Normalización Lingüística preparou estas actividades:
  • Exposición de carteis na entrada 
  • No corcho da entrada a "guía didáctica". 
  • No encerado do recuncho da prensa hai 4 sobres con actividades fotocopiables para cada ciclo. 
  • Dende o 9 ao 16 os mestres/as baixarán cos  nen@s a traballar estes carteis. 
  • Para decorar os corredores da 1ª e 2ª planta temos previsto que cada aula escolla unha cita do autor na que defenda a nosa lingua ou a nosa cultura. 
  • Cada nen@ a escribirá dentro da silueta da súa man ao tempo que fai unha ilustración. Así baixo o noso lema, "Se ti e + eu xuntamos a nosas mans conseguirémolo seguro", transformarase en : "Xuntos, pola nosa lingua!"
  • O día 16 está previsto, se o tempo acompaña, celebrar a 1ª Xornada de Xogos Populares do CEIP "Otero Pedrayo"
  • O 16 está previsto que se reparta a revista por familias.

 

martes, 1 de mayo de 2012

Ahí ven o maio

Parece ser que os videos da prehistoria non se ven; problemas co CopyRight; eu os vexo co Google Chrome.
Como empezan os tempos dos maios, deixovos unha fermosa cantiga

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.