jueves, 30 de septiembre de 2010

Novos libros

Dentro de pouquiño  empezará a funcionar a biblioteca. Están todos os profesores traballando nela e só falta comprar algún mobiliario e decorala



Seguen chegando libros. Estes son os últimos:
 
O INSÓLITO ASCENSO DE MADAME PÔL
Cando Madame Pôl se ofreceu como voluntaria, nin ela nin o mago poderían supoñer que unha corrente de vento inesperada e unha ventá, inoportunamente aberta, causarían tal desastre...

A maxia é caprichosa, como demostra esta divertida e surrealista historia, na que as ilustracións teñen un peso e unha función importante: complementar a brevidade do texto coa información visual que achegan as imaxes.

LUIS VAI Á PRAIA
Conta unha xornada dun cativo na ribeira co seu pai. Xogará na area, coñecerá outros meniños e vivirá animadas aventuras por mar, terra e aire. O autor é Guy Delisle.  e o deseño é de comic sen palabras

CONTOS PARA NENOS QUE DORMEN DESEGUIDA

28 contos curtos de Pinto Chinto: Un pirata, un pozo, unha princesa, o home do saco, unha bruxa, un músico, o vento, un volcán... son algúns dos protagonistas destas historias que rematan moitas veces cun final sorprendente ou cun toque de humor.



 
 
 
QUE BONITO É PANAMÁ!
Conta a viaxe que Oso pequeno e Tigre pequeno emprenden cara a Panamá seducidos polo aroma a plátanos dunha caixa que leva inscrito o nome dese país. Na Praza Maior.
HISTORIAS DE MESTRE RAPOSO
  Mestre Raposo vive na época medieval onde a fame e a penuria acucia os máis desfavorecidos e Mestre Raposo utiliza utiliza o enxeño para conseguir alimentos para a súa familia.

domingo, 26 de septiembre de 2010

Nacidos para ler

No blog do meu amigo MIK están postos estes tres videos dun minuto de duración  con contidos educativos dirixidos a nais, pais e adultos que están ao coidado de nenos e nenas, desde a etapa de xestación, até os 4 anos, co propósito final de incentivar a lectura e a manipulación do obxecto libro desde os primeiros anos de vida, así como tamén poñer de relevancia a importancia das familias como activos participantes e estimuladores da lectura. (2008)





jueves, 23 de septiembre de 2010

Contiño a contiño faise o libriño

O lema elixido para este curso no colexio é: "PASIÑO A PASIÑO FAISE O CAMIÑO" co que se pretende traballar a "CONSTANCIA"

O equipo da biblioteca modificamos o lema e quedounos así "CONTIÑO A CONTIÑO FAISE O LIBRIÑO" que tamén traballaremos a "constancia" pero a través dos contos de ANDERSEN

viernes, 17 de septiembre de 2010

De novo por aquí

Comeza un novo curso con novas e vellas caras pero sobre todo con moitas novidades:
  1. Fixéronme unha nova cova no primeiro andar moito máis ampla.
  2. Concedéronnos o Plan de melloras de bibliotecas escolares  (PLANBE) con todo o que significa de cambios na biblioteca seguindo o "plan" que deseñaron
  3. O Plan significa unha inxección moi importante de cartos (6.325 € para mercar fondos, mobiliario e equipos audiovisuais)
  4. Que todos os alumnos, despois do recreo, dedican 15 minutos á lectura (hora de ler)
  5. Moitas máis cousiñas que vos irei contando
Feliz curso e felices lecturas
Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.