jueves, 22 de diciembre de 2011

Nadal 2011

Picando na imaxe entrades no arquivo de todas as fotos

AS FOTOS



ACTUACIÓN DE I-3



ACTUACIÓN DE I-4


ACTUACIÓN DE I-5



PRIMEIRO


SEGUNDO
 



TERCERO



CUARTO


QUINTO


SEXTO


INGLÉS



BO NADAL

domingo, 18 de diciembre de 2011

Agasalla un libro no Nadal

Como todos os anos vos recomendamos libros para regalar por Nadal

Picando nas imaxes verás as recomendacións

INFANTIL

1º CICLO


2º CICLO



3º CICLO


sábado, 10 de diciembre de 2011

10 de Decembro: Día dos DDHH


63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.
Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.
Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.
E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"
* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.
Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!
Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.
Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)

viernes, 2 de diciembre de 2011

Traballo cooperativo


Seguindo a Pierre de Coubertin e o seu espírito olímpico onde participar e traballar en equipo é máis importante que gañar, e continuando o traballo cooperativo de Normalización Lingüística que culminou co fermoso calendario olímpico 2.012, Don Sapoconcho propúxonos outro traballo cooperativo no que a participación e colaboración de todos os nenos e nenas do colexio era o fundamental e titulouno "DEIXA A TÚA PEGADA" e como podedes ver o resultado final foi moi fermoso






miércoles, 30 de noviembre de 2011

Por un 2012 Olímpico

Como todos os anos o Equipo de Normalización implicou a todos os cursos para a realización do calendario do 2012.

Como este ano o lema é:
Se ti + eu unimos as nosas mans conseguirémolo seguro
e o traballamos coas olimpiadas, pois no lles quedou outra que facer o calendario sobre este tema e así de guapiño quedou.



 

domingo, 27 de noviembre de 2011

As novas tecnoloxías

Buscando cousiñas atopei este simpático video no blog http://bibliotecasdealbacete.blogspot.com/ onde dunha forma humorística explica a iniciación das novas tecnoloxías en épocas moi remotas

viernes, 18 de noviembre de 2011

Magosto 2011

Como todos os anos a ANPA organizou a exposición e degustación dos froitos do outono e como todos os anos foi un éxito total 
 
Logo disfrutamos do magosto



jueves, 17 de noviembre de 2011

Piolín y Sapoconcho

O martes, tanto Piolín como un servidor, saimos na tele, concretamente en Localia no programa Animalia
Tanto Piolín como eu saímos moi ben.

 

martes, 15 de noviembre de 2011

Contos terroríficos

O Equipo de Normalización Lingüística con motivo do Samaín pediu aos nenos que escribiran contos de medo

Este é o resultado

viernes, 11 de noviembre de 2011

Os protas

Non esquezo que todos estes esforzos soamente están destinados para que estes rapaces busquen a luz nos libros



Grazas a todos

Grazas a todos por acudir á inauguración da miña cova e aos que por unha ou outra razón non puideron estar fisicamente pero sei que estiveron co corazón.
Agora empeza unha nova e fermosa etapa onde os nenos e as nenas van ser os protagonistas.
Don Sapoconcho


  

A Literatura busca a luz....

A LITERATURA BUSCA A LUZ...
"A literatura é unha chamada de auxilio de quen escribe dende a soidade e busca na distancia unha ollada expectante.Tamén é un alimento ou unha bebida que nos sacia cando temos un buraco que non se tapa con alimentos nin con auga, tecida cos fíos do desexo, das angustias, das frustracións, das inquedanzas, das vivenzas reais ou imaxinarias, e ás veces, as menos, coas alegrías dos que, afeitos a soñar, non nos atrevemos a vivir. Quen escribe vive as vidas doutros,..............". An Alfaya no seu discurso de inauguración da biblioteca do CEIP "Otero Pedrayo" de Vigo

jueves, 10 de noviembre de 2011

Inauguración. A música

A parte musical correu, como non podía ser doutra forma, por parte de Marivi e Andrea. Grazas ás dúas por estas fermosas pezas



Que bonita quedou a miña cova

miércoles, 9 de noviembre de 2011

Inauguración. An Alfaya cos rapaces



An Alfaya disfrutou cos rapaces do 2º Ciclo




Tamén disfrutou cos nenos do 3º Ciclo e cos mestres

08-11-11. Inauguración

Kamishibai 1º Ciclo



 Kamishibai 2º Ciclo

Kamishibai 3º Ciclo

martes, 8 de noviembre de 2011

Inauguración. 07-11-11

Hoxe foi un día moi importante para a biblioteca de Don Sapoconcho: Foi a súa inauguración. Comezamos onte con a profe Ana que a través do Kamishibai fixo disfrutar a todos os nenos do cole cos seus contos.

Infantil de tres anos


Infantil de catro anos

Infantil de cinco anos

viernes, 4 de noviembre de 2011

Comezamos

O próximo martes 8 Don Sapoconcho abre as portas da súa cova de forma oficial


Durante o mañá do luns e o martes os rapaces terán diferentes sorpresas e pola tarde teremos o acto oficial de inauguración sendo a cova adicada á escritora AN ALFAYA  



TÍ + EU, UNIMOS AS NOSAS MANS
E CONSEGUÍMOLO




viernes, 28 de octubre de 2011

Samain

Hoxe os rapaces e rapazas do cole celebraron o Samain e pasaronlo de medo


 

Para seguir pasando medo

jueves, 27 de octubre de 2011

Presentación na tele

Onte viñeron os da televisión a gravarme; puxenme moi guapo pero pasei tanta vergoña que non dixen nin pio e tiveron que ser os nenos e as nenas de 1º e 2º os que lles contasen algo da miña vida.

O programa vano emitir por Localia o día 15 de 3 a 4 e pola noite vólveno emitir.

Como son un pouco gamberrete písolle a exclusiva e poño as primeiras imaxes
 





miércoles, 19 de octubre de 2011

Lendo pasámolo de medo

No punto de lectura están expostos libros sobre o medo



martes, 18 de octubre de 2011

Samain

Xoga ao Samaín. Soamente preme na imaxe


viernes, 14 de octubre de 2011

O corpo humano

Os nenos e nenas de Infantil están a aprender moito sobre o corpo humano.
Cantas cousiñas xa saben.



martes, 11 de octubre de 2011

Comenzamos

O luns comezou o servizo de préstamo durante os recreos. Recordar que se poden levar:
  1. Dous libros por un tempo máximo de 15 días
  2. Unha película ou disco música máis un libro por un tempo máximo de 15 díashttp://www.opacmeiga.rbgalicia.org/BuscaAvanzada.aspx?CodigoBiblioteca=PEC094

    Podedes consultar os fondos bibliográficos en:
Que Don Sapoconcho ten facebook: http://es-la.facebook.com/public/Sapoconcho-Pedrayo
 
 



Unha visita moi especial

A pesar de que teño todo patas arriba tiven a visita dos nenos novos do colexio: os nenos e nenas de tres anos

viernes, 30 de septiembre de 2011

Falta pouquiño

Estamos a rematar. Paciencia

 

sábado, 24 de septiembre de 2011

Comenzamos de novo

Que alegría ver de novo a rapazada por aquí: nervos, choros, abrazos, saltos.....
Vou botar de menos ás mestras que me axudaban na miña cova: Marivi e Loli que se foron a outro colexio.



Como todos os anos temos novidades, unhas pódense dicir e outras non:
  • Seguimos co PLAMBE (Plan de mellora de bibliotecas escolares) e para este curso concedéronnos 4.800 €: 1500 para fondos, 1500 para mobiliario, 1500 para equipos y 300 para otros gastos
  • Están a darlle un pouquiño de cor a cova
  • Dentro de pouquiño faremos a inauguración da cova
  • Ata aquí o que vos podo contar
  •  
O lema deste ano é




Feliz curso e felices lecturas

 

jueves, 30 de junio de 2011

Felices vacacións


Bo verán e boas lecturas

martes, 28 de junio de 2011

SUPERHEROE?

No  xornal.com vin este artículo de Roberto Noguerol que merece a pena ler enteiro.http://www.xornal.com/opinions/2011/06/26/Opinion/escolas-patas-arriba/2011062622283500566.html
"Non ten por que pintar flores de cores nos cristais cando comeza o curso, pero encántalle facelo. Ninguén a obriga a debuxar monifates para adornar as mesas e tampouco lle esixen decorar de imaxinación as catro paredes desvestidas en setembro. Pero non só non lle importa, adora esa tarefa.
Na casa, quítalle tempo ao seu lecer persoal mentres recorta e plastifica figuras de personaxes para usar na aula ao día seguinte. Cavila músicas e coreografía para unha non imprescindible función de Nadal cos meniños. O guión non o esixe pero, ademais de facer fichas e cumprir obxectivos dun programa, senta os cativos unha tarde calquera para relatarlles algún conto e falarlles de libros e músicas fascinantes. Ás veces compra pola súa conta material que o sistema non lle proporciona.
Inventa minutos onde non os hai para elaborar ideas coas que combater a fatiga dos pícaros e espertar o seu devezo por aprender un día si e outro tamén. E non é o seu traballo, pero non evita soar mocos, limpar cus, axudar a lavar mans, curar feridas ou enxugar bágoas. Xestiona berrinches de pequechos descontrolados que algunhas familias finxen non ter tempo para ensinar a non ser caprichudos.
Multiplicouse moitas mañás para vixiar que algún neno non quedase atrás nun curso con demasiados rapaces por aula. Peteirou algún xantar improvisado sobre a mesa da clase mentres argallaba algunha actividade novidosa. Quedou durmida de cansazo algunha tarde na propia aula despois doutra xornada extenuante espremendo as horas no desafío dun novo día de ensinanzas e aprendizaxes. Superheroe? Non. Unha mestra, como moitos mestres.
Non sempre un pai lle agradece o que fai por seu fillo. Non todos os días unha nai lle regala unha plantiña. Da man de súa neta un avó tráelle unha rosa da súa horta. Un alumno dille que hoxe, tamén, está moi guapa. Pequenos detalles impagábeis do cotiá a pé dun aula. Ás veces acontecen.
Hai anos falábase máis de dignificar o labor docente: tratalos coa deferencia que merecen. Agora recórtanlles soldo, insinúanlles que teñen demasiadas vacacións e esíxenlles xornadas máis longas. É isto froito da ignorancia ou da indiferenza? Se a autoestima dun país se mide polo grao de atención, recursos, consideración e interese que a súa sociedade ten respecto da educación, asomámonos a un preocupante precipicio de apatía. Di un proverbio africano: “Para educar un cativo cómpre a tribo enteira”. Pois aquí cómpre que a tribo esperte."

sábado, 25 de junio de 2011

Disfrutando dun conto

Por fin o último día do curso... É o mellor momento para gozar dun conto na nosa marabillosa biblioteca.

Neste día contamos cun convidado especial, o pequeno Miguel, que nos trouxo o seu Kamishibai para contarnos dous pequenos relatos da cultura chinesa: "A maxia da metamorfose" e "Por que un gato se chama gato e non Sol, ou Muro ou Rato... "

As caras dínnolo todo verdade?, os contos seguen sendo máxicos para o noso pequenos, este verán non esquezades contar e ler moitos contos.

Feliz verán!, a profe Ana e o seu pequeno Miguel.

sábado, 18 de junio de 2011

Que triste estou

Tres colaboradoras miñas déixannos, grandes profesionais e mellores persoas. Para o ano a miña cova vai botar moito de menos a Marivi, Loli e Ánxela.
Marivi: todo disposición, creación,  talento, xenio, figura.......canto che van botar de menos os teus alumnos
Loli: profesional,  resolutiva, traballadora, eficiente,......canto imos a perder no colexio
Ánxela: pasou soamente un ano polo colexio e deixou a súa impronta en todos nos

Marivi despediuse dos seus alumnos co último concerto de violín, a súa segunda gran paixón despois do ensino 





martes, 14 de junio de 2011

viernes, 3 de junio de 2011

A INSOPORTABLE LEVEDADE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS

Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:


Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos, esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan roubar horas a materias importantes para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.

Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?.

Colectivo dos equipos das bibliotecas escolares integradas no PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares Galegas)

sábado, 21 de mayo de 2011

Maxia potaxia

O venres os nenos e nenas do colexio disfrutaron dun espectáculo espectacular, unha actuación máxica.
As cariñas o decían todo: 



A actuación unha delicia

A gran actuación de Mario

miércoles, 18 de mayo de 2011

Contarte

O alumnado de 2º e 5º participaou nos obradoiros de animación á lectura CONTARTE 2011 organizados polo Concello de Vigo.

O alumnado de 5º traballaron o libro "A caixa de cartón" 
Publicado pola editorial OQO na súa colección "Qontextos"; Caixa de cartón está escrito por Txabi Arnal e ilustrado polo iraniano Hassam Amekan. Neste álbum, Txabi Arnal e o ilustrador iraniano Hassan Amekan únense para ofrecer unha crónica da inmigración, mais desde un punto de vista moi diferente ao que a diario nos presentan os telexornais e periódicos. Nestas páxinas non hai análises de xornalistas, nin estatísticas; só a voz valente dos protagonistas deste auténtico drama humano e vai ser unha nena inmigrante a que en primeira persoa nos relate a súa historia. 

O alumnado de 2º fixeron o seu obradoiro de lectura sobre o libro "A caixa dos recordos"
Publicado tamén por OQO, con texto de Anna Castagnoli e ilustracións de Isabelle Arsenault,  recrea a importancia dos obxectos segundo a carga afectiva que lle atribuímos.
Pero ademais reflicte a xenerosidade de saber compartir, de xeito que esta remata sempre na felicidade de ver cumpridos soños case impensables. Ademais do texto,  as ilustracións son doces e afectivas.       

martes, 17 de mayo de 2011

Letras galegas 2011. Salvando libros

Que libro salvarías ti?
Entre os centros integrantes no PLAMBE surdiu a iniciativa de salvar aqueles libros escritos en galego e por galegos.
Tratábase de escoller un libro que cada centro salvaría dunha posible  destrucción.
O obxectivo é difundir a idea de que é imposible destruír os libros e os valores que neles se transmiten se somos quen de conseguir que formen parte de nós para sempre.

A idea está baseada na obra de Ray Bradbury “Fahrenheit 451”  e "salvar un libro" consiste en aprender de memoria un pequeno fragmento para simbolizar a asimilación de todo o seu contido e ase convertirse nunha persoa-libro e poderemos preservalo para sempre

Estes  son os libros salvados polos centros de Educación Infantil

 Estes son os libros salvados polos centros de Educación Primaria



O noso centro non poido participar  nesta expléndida iniciativa xa que aínda estamos metidos na organización da nosa biblioteca. Os nosos parabéns a todos os centros participantes e as persoas que organizaron e coordinaron esta magnífica iniciativa.

E TÍ:
QUE LIBRO EN LINGUA GALEGA SALVARÍAS DA DESTRUCIÓN?
Deixa o teu libro nos comentarios

lunes, 16 de mayo de 2011

Falamos

Normalización Lingüística, como todos os anos e aproveitando a celebración das "Letras Galegas" publica a revista Falamos onde participa toda a comunidade educativa.

Tras unha fermosa editorial o alumnado de 6º dános a coñecer a figura de Lois Pereiro, escritor homenaxeado este ano nas Letras Galegas.

O alumnado de Infantil de 4 anos recorda co poema "polo laranxal tres avelaiñas andan a voar..." a figura de Xosé María Álvarez Blázquez homenaxeado no 2008 e tamén recordan o seu proxecto de traballo "OS CASTELOS"

O alumnado de 4º emulan a Martín Códax homenaxeado no 1998 xunto a Johán de Cangas e Meendinho.

Os de  coñeceron a obra de Luís Seoane no mes de novembro  e tanto gustoulle un retrato do pintor que eles se fixeron o seu e o puxeron na revista

5ºB poñen no seu espazo da revista o relato "o cabalo de Alberte Merlo" do libro  "os outros feirantes" de Álvaro Cunqueiro, escritor homenaxeado nas letras galegas en 1991

1ºA recordanos ao escritor que da nome ao noso colexio: "Otero Pedrayo" que foi homenaxeado en 1988

Como o noso colexio leva o nome de "Otero Pedrayo" o alumnado de 2º profundizou sobre a súa vida e a súa obra ademáis de recordarnos moitas das cousas que facemos no cole

E seguindo con Ramón Otero Pedrayo o alumnado de 1ºB escribiunos o seu poema "O Pelingrino"

Na seguinte páxina os podedes divertir xa que o alumnado de fixo unha sopa de letras onde tedes que atopar os seus nomes.

Leiras Pulpeiro homenaxeado en 1983 e Castelao en  1964 tamén son recordados na revista

Non vos perdades a homenaxe que o alumnado de infantil de tres anos fai a Rosalia (1963) co seu poema "Adios ríos, adios fontes", unha marabilla do alumnado máis novo do colexio

A ANPA recordanos as diferentes celebracións do colexio: festa do outono, nadal, entroido, primavera e a de fin decurso que van a celebrar a finais de maio

As piruletas de cinco anos traballaron a vida e obra de Picasso e nos mostran na revista a Picassadas

Eu recordei a visita de An Alfaya a miña cova e tamén plantexo 10 preguntas para papás e mamás para a selección de libros.

Noraboa ao Equipo de Normalización Lingüística por este traballo tan ben feito
  
 

viernes, 6 de mayo de 2011

O video dos encontros

Precioso video resumo dos Encontros dos Centros do PLAMBE


Neste enlace tedes toda a información dos Encontros

jueves, 28 de abril de 2011

III Feira do Libro

No Colexio e con grande éxito, celebramos a III Feira do Libro.
O alumnado aportou libros de vello que cambiou por bonos cos que mercou outros libros nos diferentes postos
Unha boa forma de intercambiar libros



E si visitades o blog de Infantil veredes como celebraron o Día do Libro
http://olapiruletas.blogspot.com/2011/04/y-asi-leyeron-algunas-pirus-sus-cuentos.html

lunes, 25 de abril de 2011

Día do libro

O pasado 23 de abril foi o "Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor".


O colexio ímolo celebrar o mércores 27 coa III Feira do Libro que de seguro terá o éxito das anteriores.
O poeta Carlos Negro agasallou ás Bibliotecas Escolares Galegas cun fermoso texto, "O lugar da lectura", e a Consellería de Educación editou con el un marcapáxinas para celebrar este 23 de abril de 2011.
Unha illa de luz na xema dos dedos.
Unha porta sempre entreaberta.
Unha duna cara ao vento.
Unha nube sobre a herba.
Unha casa encantada.
Unha laranxa do paraíso.
Unha pousada no inferno.
Unha man e unha fouce.
Unha carapucha vermella.
Unha bufanda colorada.
Unha alfombra no ceo.
A pulga e o xigante.
A rosa e o cravo.
A serpe e a mazá.
A fonte e o cervo.
A flor da candea.
A fenda do espello.
A lúa na boca.
A tona do tempo.
A pedra e o canto.
A voz e o silencio.
O lugar da lectura.

 
MARCAPÁXINAS (dobrar en sentido lonxitudinal)


.

sábado, 16 de abril de 2011

Preparando a feira do libro

Para celebrar o día do libro, no noso cole imos "de feira". Este vai ser o terceiro ano que montamos postos con moitos libros que traemos da casa e despois, levamos uns que trouxeron outros nenos. Esta festa é moi divertida e gusta moito moito




miércoles, 13 de abril de 2011

Abraham Carreiro

O pasado luns visitounos o ilustrador Abraham Carreiro.
Aos máis pequenos fíxolles uns debuxos moi divertidos e aos maiores ensinounos a facer diferentes tipos de viñetas dos cómics

martes, 12 de abril de 2011

Xosé Neira Vilas: Libros e lectura na xente nova

Déixovos a gravación da conferencia de Neira Vilas que tiven a ocasión de gozar nos encontros do PLAMBE (a partires do minuto 7)


Video streaming by Ustream
Tedes as gravacións do resto dos relatores en http://www.edu.xunta.es/biblioteca/redeBE/course/view.php?id=12 na xanela da dereita onde pon "engadido recurso" (e o nome do relator)

sábado, 9 de abril de 2011

Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2010/2011

Os días 7 e 8 de abril os encargados das bibliotecas do PLAMBE reunímonos no Palacio de Congresos de Santiago para profundizar no modelo da biblioteca escolar que se está a estender, como centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe.
Os Encontros foron interesantísimos cum programa e uns relatores, penso, de altísimo nivel.
Así o xoves, que estivemos soamente os novos do PLAMBE, aprendimos moito con Mónica Baró onde reflexionamos en torno á biblioteca escolar como ferramenta de traballo para o profesorado e o alumnado; Para que unha biblioteca escolar? Como facela posible? Como facela útil? Como facela imprescindible?
Logo, coas asesoras Cristina e Pilar dimos un repaso pola situación actual das bibliotecas escolares.
Co profesor da Universidad de Salamanca José Antonio Cordóns vimos algunhas das aplicacións de internet máis útiles para o traballo no ámbito da biblioteca
Luis Miguel Cencerrado, que é o coordinador do Centro de Documentación e Investigación de Literatura Infantil e Xuvenil da Fundación Germán Ruipérez de Salamanca falamos da importancia da "colección" de asentar criterios para a selección das obras en distintos soportes.
O venres, despois dunhas palabras do Conselleiro e xa todos os responsables do PLAMBE, con Teresa Mañá chegamos a conclusión da importancia da construcción dunha ferramenta de autoavaliación para promover o autoanálise para repercutir nunha mellora da biblioteca escolar
Logo tivemos sesións simultaneas sobre "literatura en imáxes" Elexín a mesa sobre experiencias con banda deseñada onde os representantes dos colexios CPI Castro Baxoi (Miño, A Coruña), CRA de Ribadumia e o CEIP Fleming de Vigo mostráronnos as súas experiencias con este tema
Pola tarde nos xuntamos por zonas educativas para falar dos atrancos que nos atopamos e por último XOSÉ NEIRA VILAS pechou os encontros. A súa intervención foi IMPRESIONANTE contándonos cousas da súa niñez e os seus primeiros contactos cos libros e coas bibliotecas,  das súas estadías na Arxentina e Cuba e do seu traballou no fomento da lectura. Disfrutamos tanto coas súas verbas que ao remate e con toda a sala en pé os aplausos duraron varios minutos. 


domingo, 3 de abril de 2011

Día do libro infantil e xuvenil

O día 2 de abril celébrase o "día do libro infantil e xuvenil" coincidindo co día do nacemento do escritor de contos Hans Christiam Andersen  


  

martes, 29 de marzo de 2011

Poesía

Moitas son as cousas que lle pedimos ao noso alumnado no que na terminoloxía docente define como competencias, e ben é certo que a nosa sociedade actual cada vez esixe máis para poder resolver o día a día da vida e se non que nos pregunten aos adultos.


Non obstante nesta dificil tarefa de ensinar e por suposto de aprender, hai momentos que nos gratifican a todos a docentes, as familias e o máis importante ao alumnado.

Un destes momentos foi o contacto coa arte da poesía esta semana pasada, na que a nosa querida Gabriela, por unha motivación propia e cun traballo extra nos recordou a través dos versos de Bécquer no seu "Volverán las oscuras golondrinas" que o maior regalo que un ser humano pode dar ou recibir é o amor.

É certo que o profesorado hoxe en día abrangue e alcanza o inalcanzable porque ademais da materia curricular debe dar resposta a outras moitas frontes: actitudes, dificultades, coñecer o ámbito, novas tecnoloxías, celebracións, educación en valores, convivencia, economía sostible....

Por iso manifestámonos moitas veces insatisfacción ante esa sensación de querer e non poder, que se esvae suavemente cando oimos a unha alumna recitar con sentimento e cunha prosodia intachable unha poesía complicada que ademais, con 8 anos se sabe de memoria, non porque ninguén llo esixise senón porque a ela lle gusta a poesía e así quíxoo.

Agora coas enerxías cargadas, aproximámonos ao mes de abril, mes significativo para a competencia lingüística pola celebración do día do libro. De novo como todos os anos xuntaremos esforzos e faremos unha feira do libro (ademais doutras moitas actividades que ireis decubriendo co paso dos días), na que todos os nosos nenos e nenas, e digo nosos, porque á fin e ao cabo nosos e as nosas son un pouquiño tamén, gocen dunha xornada especial na que o libro sexa o especial protagonista.

Grazas a todos por axudarnos na dificil tarefa de educar e grazas por ter a sorte de dedicarme a ela.

A profe Ana (2º)
Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.