sábado, 12 de junio de 2010

Que non falte a lectura este verano

Por fin cámbianme a miña cova e lévanme, este verán, ao primeiro piso. Prefería seguir na miña cova pero os xefazos din que é mellor que o comedor este na pranta baixa e a miña cova na primeira planta.

Así que este verán pasarei algo de incomodidades pero non vou deixar de ler. Propóñovos varios libros para este verán




PARA OS MÁIS PEQUENOS


*Könnecke, Ole. Tú puedes. Ed. Lóguez O pequeno paxaro desexa saltar dende unha rama á auga, pero o medo impídelle facelo. Os seus amigos apóiano e teñen fe en que o conseguirá. A amizade e as ganas por superarse o farán posible.










Luján, Jorge e Grobler, Piet. Oh, as cores!.
Ed. Kalandraka. Pequenos poemas para repasar a gama cromática, asociando cada cor a elementos da natureza, emocións ou sensacións.
Coas mans baleiras-Ana Tortosa- OQO: Hoxe é o aniversario de Mario e Alba está invitada a merendar na súa casa. Aínda non sabe que regalarlle e polo camiño vai pensando nun agasallo para o seu amigo. A ela ocórrenselle moitas cousas, pero non é fácil decidirse cando se quere algo especial.
O peto da risa-E.Lozano- Galaxia:No peto da risa hai unha chea de soños desexando saír. Dentro do peto da risa hai palabras. Nese peto teño os nomes dos meus amigos e das miñas amigas, pero tamén cantigas, e moitos risos. Sobre todo, risos.
PRIMEIRO CICLO

Pinga de choiva. Gracián, Ánxela. Ed. Xerais Neste libro cóntasenos a fermosa historia de amor entre unha pinga e o arco da vella. Ao dragón Arco da vella gústanlle moito as pingas de choiva, especialmente esas que quedan, tímidas, no envés das follas despois de saír o sol; esas pingas saben a orballo azucrado. Contra a tardiña, o dragón Arco da Vella agardaba pola Pinta Roseira na porta da súa casa; por alí volvería outras veces, unhas disfrazado de mar, outros de río, outras de lago e outras de choiva.



 La tortilla corredora. Herrera, Laura.Ed. Ekaré Había unha vez unha muller que tiña sete fillos moi famentos. Un día, a muller preparou unha deliciosa tortilla que puxo ao rescaldo. Os sete fillos miraban a tortilla, a tortilla miraba os sete fillos. Cando a tortilla estivo lista, a muller sacouna das brasas. Íaa sacudir cun pano, pero a tortilla saltou das súas mans e saíu correndo.
E ti que farías por min?- F. Casalderrey– Xerais :Malta e Marqués viven na rúa e ás veces pasan moita fame. Namentras Marqués lle conta a Malta canto faría por ela, Malta fai algo importante por Marqués. Adiviñas o que?


Cando non atopas a túa casa-P.Sánchez– OQO: É noite e pérdeste. Estás nun bosque descoñecido. Como atopar a túa casa? Non estás só/a, voces amigas axudaranche a regresar.”Le” ben cada ilustración, hai quen te acompaña en cada páxina (menos nunha?)








Diario de Pichük.Quen é Pichük?-M. Cráneo–Everest :Pichük lembra en primeira persoa as súas orixes familiares e as súas aventuras xuvenís. Vainos contar como chegou a converterse nun dos científicos de máis sona do Planeta Mincha grazas á súa curiosidade por todo o que o rodea.



Diario de Pichük.As minchas de Aridöndia– M. Cráneo– Everest : Pichük e o seu robot investigan polos desertos de Aridöndia o comportamento da especie que lle dá nome ao seu planeta: as minchas niles. Descubrirán como viven no árido deserto e intentarán descifrar a súa linguaxe xestual coa que conseguen predicir acontecementos importantes antes de que ocorran.




Malena Ballena-D. Cali-Libros del zorro rojo: As compañeiras de piscina de Malena fan burla dela polo que pesa, chamándolle balea.Pero o seu monitor de piscina ensinaralle un truco para descubrir o que
verdadeiramente é quen de facer Malena.






SEGUNDO CICLO

O cazador e a balea- P.Sánchez– OQO:Coma en Moby Dick,unha balea e un cazador que non parará ata darlle caza. Cazador e balea están sós. Día tras día e noite tras noite. Mares que cambian coas páxinas que vas pasando. Logrará o cazador o seu obxectivo?. Ese barco da garda final, que significará?. Emotiva historia de búsquedas, encontros e renuncias. Soños formulados e afastados que perseguen ideais que pasan fugazmente entre cores verdes, azuis, estrelas, mar, arpóns e barcos...Tras unha longa e dificultosa loita, ás veces hai que saber renunciar.



Cama e conto– G.Moure– Xerais: Malva devece pola chegada da noite, cando a súa nai senta na súa cama a contarlle o conto da noite. Pero cando aprende a ler, a súa nai e o seu pai están demasiado ocupados para lerlle polas noites e lle din que lea ela. Só que Malva non está disposta a renunciar a ese anaco de felicidade diaria. Algo ten que argallar.






O rei oso branco-T.Bowley-Kalandraka : O mozo entrou no bosque ao lombo do seu cabalo máxico. Cos seus ollos feroces, o peito ancho e os cascos de ferro,non se parecía a ningún outro cabalo do mundo. De súpeto...
Monta no teu cabalo de fantasía para percorrer os mundos máxicos que che ofrece o autor: fragas con animais faladores, cabaleiros, tenrura, princesas, humor, medo… non quererás perderte nin un dos relatos.

Carapuchiña “en rose”-A.Gracián - Everest : Érase unha vez unha nena á que todo o mundo coñecía polo seu fermoso abrigo vermello con carapucha. Cada semana ía visitar á súa avoa, que vivía ao outro lado do bosque, para levarlle unha cesta chea de lambuzadas. Un día bateu con Lobo. Parecía tan educado, tan atractivo, tan engaiolador, tan respectable? non puido evitar namorarse del.... pero… é realmente asi?.



El elfo y la princesa-F.Pessoa-Gadir(Colec.El bosque viejo): Érase unha vez un elfo que namorou perdidamente dunha princesa. Un pequeno problemiña: a princesa dos seus amores… non existía.

Lo mejor del mundo son los niños-F.Pessoa-Gadir (Colec.El bosque viejo): Un fermoso libro de poemas sobre a infancia e para a infancia. Seguro que che ha gustar.









El paraíso de los gatos– E.Zola-Gadir(Colec.El bosque viejo): Este gato de Angora farache partícipe da súa aventura e do motivo do seu regreso á casa. O simpático gato cóntanos con toda sinceridade a súa experiencia e as súas razóns, e tamén as dos seus compañeiros de aventuras, e con iso nos trasladan estas preguntas aos lectores: Debemos buscar na vida a seguridade ante todo? Ou hai outras cousas que quizais paguen máis a pena, como a busca de aventuras ou de ideais? 
Ciudad laberinto. Faktoría K de Libros  Neste libro viaxarás a unha cidade moi parecida á túa e descubrirás como os versos poden estar escondidos tras as súas rúas, as súas prazas, os seus sumidoiros, os seus tellados ou os seus rañaceos. E os seus sons e cores, os seus cambios estacionais, ou mesmo a xente que a habita e camiña polas súas rúas, poden servir de inspiración para crear poesía.
 Espantallo amigo.Neira Vilas, Xosé. Ed. Galaxia Esta é a historia dun espantallo que en vez de espantar os melros, faise amigo dos animais e dos rapaces. O tío Ramón de Rebordena fixoo cuns vimbios e unhas froitas e o espantallo cobrou vida



TERCEIRO CICLO

Dióxenes-P.Albo-Kalandraka: Toda a familia de Dióxenes colecciona cousas:dunas, bosques, pozas... A casa está chea ata os topes. E de cando en vez ven o tío carteiro coa súa colección de cartas de amor. Humor e tenrura para achegarse a un síndrome do que falan nos telexornais.




Reinas de los mares.Las mujeres piratas alrededor del mundo-J.Yolen-Oniro: Con pistola e alfanxe, capitanearon barcos piratas, valentes e ousadas, inxustamente esquecidas pola historia. Coñéceas.

Polly y los piratas-T.Naifeh-Dib-buks : Outra de piratas, con mapa do tesouro incluído, en banda deseñada estilo cartoon. Polly Ann Pringle é unha señorita estudosa de boa familia que creceu nun internado melindreiro, lonxe de calquera aventura. E a ela gústalle así. Imaxinarvos a sorpresa cando unha tripulación de piratas se a leva en plena noite. Ao descubrir que ela é en realidade a filla da Raíña Pirata deberá buscar a aventureira que leva no seu interior para encontrar o maior tesouro coñecido. Escapará Polly ao seu destino ou decidirá seguir o rastro da súa nai?.
Os tratantes de papagaios-L.Vila-Galaxia : ¿Que pasaría se alguén fose quen de falar cos animais...? ¿Pero como falan os animais?, ¿que pasaría se fósemos quen de lembrar aquela lingua que quizais algunha vez falamos? Os papagaios, entre outras virtudes, teñen a de dicir palabras, tal fosen humanos. Velaquí unha historia para facerche entender que a natureza hai que coidala. ¡E coidala moito!



Tezuka.Escuela de animación,1(nivel básico) e 2 (animais en movemento)-O. Tezuka– Norma: Coa axuda de Astro Boy, aprende técnicas básicas de animación dun experto pai do manga.

Do A ao Z con...Uxío Novoneyra-F.Fdez.Naval-Everest: Achegamento á vida, paisaxes e poemas de Novoneyra neste “vocabulario” esencial do autor. Na mesma colección poderás achegarte ao de Rosalía, Castelao, Neira Vilas, Cabanillas...

O dromedario nadador. López Rodríguez, Xavier. Ed. Alfaguara Xaquín, un rapaz de once anos que vive cos seus avós nunha aldea na que soamente hai outro rapaz, Brais, con máis vacas e presuntuoso. A problemática da separación dos seus pais (a nai, en Alemaña; o pai, en Tenerife) preséntase en cartas que en cada capítulo os dirixe aos seus proxenitores, coa ilusión tanto do reencontro familiar coma de ir de vacacións xunto ao pai.

Aínda que este verán a fuxida dun dromedario pequeno dun circo, capaz de nadar, e o seu coidado, entre as vacas da casa, fan que o seu aburrimento teña outro horizonte: a posibilidade de organizar paseos para turistas a lombos do exótico animal. Mais o proxecto cáese cando os donos do circo acoden a recuperalo. En todo caso, poderá ir a pasar unha semana co pai a Canarias. O dromedario afixérase sen a súa nai, pero el non é un dromedario. E segue estrañándoa, seis anos despois.

 Diario de un pardillo.Sierra i Fabra, Jordi. Ed. Destino Mariano decide escribir un diario durante todo un ano, ata cumprir os 12. Poderemos coñecer os seus amigos e inimigos, descubrir o que pensa, saber o que lle pasa e estar ao tanto das súas relacións familiares e amorosas... sobre todo, con moito sentido do humor.

Visto na páxina das bibliotecas escolares da Xunta:
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/322





LECTURAS PARA PAIS E NAIS



“The Brooklyn Follies”. Paul Auster. Galaxia Edicións: Nathan Glass regresa ao seu Brooklyn natal para escribir un libro despois de divorciarse da súa muller e superar un cancro. É unha historia situada nun ambiente cotidiano, na que o azar entrecruza varias vidas, con un final máxico e sorprendente .

“Seda”. Alessandro Baricco. Rinoceronte Editorial Un comerciante con un oficio un tanto estraño:Unha vez ao ano, cruza o mundo ata chegar a Xapón, compra ovos de vermes da seda e regresa a Italia para vendelos. Ata que nun dos viaxes regresa cunha carga máis delicada. Mezcla de historia e fábula, é un relato delicado sobre o amor.

“Xuntos e máis nada”. Anna Gavalda. Galaxia Edicións París exactamente ao pé da Torre Eiffel. Alí decorre a historia que conta "Xuntos e máis nada". A historia de catro persoas que pouco teñen en común, catro vidas perdidas que devalan no mundo ríspido da cidade, uns ninguéns. Catro sobreviventes que van aprender a compartir os medos, as esperanzas, a tenrura, a amizade, e tamén, os desencontros. Anna Gavalda escribe desde a experiencia da fraxilidade do ser humano, o equilibrio entre felicidade e desalento, que é o cerne desta novela.



“La primera detective de Botsuana”.Alexander McCallSmith. Umbriel edicións. Puzzle. Unha muller abre a primeira axencia de detectives de Botsuana… É unha novela orixinal e divertida, onde a protagonista resolve os pintorescos problemas que lle presentan utilizando o sentido común e a astucia. Fácil de ler, permítenos acercarnos a Africa dunha maneira pouco convencional.

Visto no club de lectura do Colexio Público "Quintela de Moaña"

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Moito ánimo Don Sapoconcho...
LMM

Anónimo dijo...

Grazas LMM. Agora no verán de mudanza.....non me queda nada.........
Don Sapoconcho

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.