lunes, 31 de enero de 2011

Celebramos o día da Paz

Hoxe celebramos o día da Paz.
Primeiro, mentras o alumnado de Infantil plasmaba no mural as súas mans pintadas de branco para formar a palabra PAZ, o alumnado de primaria leía algunhas mensaxes que figuran nas pegadas que están nas paredes.
Unha vez rematado o mural, saimos ao patio e todo o colexio bailou a canción "canto libre"
Un pequeno acto pero con moito simbolismo para que reflexionemos sobre como chegar a PAZ

viernes, 28 de enero de 2011

Facendo o camiño da Paz

Durante estes últimos días, o EACE organizou ao alumnado para decorar o colexio coas súas pegadas e cun lema sobre a paz dentro delas; seguindo o fío condutor deste ano "pasiño a pasiño faise o camiño" intentamos facer
O CAMIÑO DA PAZ

Día da Paz: Sadako

O blog do Recanto de Mik fai referencia ao libro Sadako e as mil grúas de papel que o temos rexistrado co numero 842.
Copio literalmente o post do Recanto:

Existe unha lenda xaponesa moi arraigada de que ao realizar 1.000 grullas de papel concédese un desexo á persoa que as realizou.

Sadako Sasaki tiña dous anos cando caeu a bomba en Hiroshima, cidade na que vivía. Nove anos máis tarde, como consecuencia da irradiación, diagnosticáronlle unha leucemia.
Internada no hospital, dedicouse con gran entusiasmo a realizar, unha tras outra, grullas de papel. Segundo a tradición xaponesa, se alcanzaba a crear mil, cumpriríase o seu desexo e melloraría da súa enfermidade.
Morreu en outubro de 1955, despois de ter dobrado 644 grullas de papel. Simbolicamente, os seus amigos continuaron a súa misión e completaron as mil grullas, coa esperanza de que se evitasen as guerras no futuro e construíron no Parque da Paz de Hiroshima, un monumento a Sadako e as súas grullas.
Cada ano, no Día da Paz, chegan miles de grullas de papel a Hiroshima desde os puntos máis afastados do planeta. Os nenos e nenas da cidade colgan as grullas no monumento de Sadako, coa esperanza de transmitir esta mensaxe a todo o mundo.




miércoles, 26 de enero de 2011

Máis sobre a PAZ

Déixovos un LIM para aprender cousas sobre a PAZ dunha forma divertida. Este LIM foi elaborado por Belén Junquera e podedes traballar en Galego, Castelán e mesmo en Inglés. So tedes que premer na imaxe

domingo, 23 de enero de 2011

Recursos para traballar a Paz

Cada 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Paz e como cada ano no cole lévanse a cabo unha serie de actividades que nos lembran a necesidade de traballar por un mundo mellor...pola Paz.
Imos colgar un enlace permanente na barra lateral coas "Cousas de Don Sapoconcho" onde incluiremos actividades e recursos para a Paz que iremos ampliando a medida que vaian surdindo

Pica na ploma de Picasso


viernes, 21 de enero de 2011

30 de xaneiro: Día da Paz


FALTRIQUEIRA CANTO LIBRE


Letra e música: Víctor Jara
Arranxos: Faltriqueira – Pascal Gaigne)
El verso es una paloma
Que busca donde anidar
Estalla y abre sus alas
Para volar y volar.

Mi canto es un canto libre
Que se quiere regalar
A quien estreche su mano
A quien quiera disparar

Mi canto es una cadena
Sin comienzo ni final
Y en cada eslabón se encuentra
El canto de los demás.

Sigamos cantando juntos
A toda la humanidad,
Sigamos cantando juntos
A toda la humanidad.

Que el canto es una paloma
Que vuela para encontrar
Estalla y abre sus alas
Para volar y volar

Mi canto es un canto libre!!




jueves, 20 de enero de 2011

O soldadiño de chumbo

Como este ano estamos a traballar os contos de Andersen deixovos esta adaptación do clásico de Andersen en formatos dixital levada a cabo por Xabier Senín. Os deseños  son de Alfonso Costa, a música de Emilio Aragón e as voces de Manuel  Manquiña e Luis Piedrahita.  A ambientación: no museo do xoguete de Allariz.


domingo, 16 de enero de 2011

Alicia no País das Maravillas

No Outerio de Matilda vin este marabilloso vídeo e non me puiden resistir a poñelo

martes, 11 de enero de 2011

Quéroche contar un conto

Este libro ten algo moi especial: os alumnos e as alumnas do Centro Aspanaex son os ilustradores destes cinco contos escritos por:
  • AN ALFAYA: Os segredos de cores
  • FRANCISCO CASTRO: A sombra que asombra
  • XOSÉ CERMEÑO: Historia de Don Ramón e o susto que puido levar cando a marea subía e non quería baixar
  • AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ: Unha amiga secreta
  • IRENE PÉREZ PINTOS: Cousas que facer un día de chuvia

Estes cinco escritores que "de forma totalmente desinteresada e altruísta se contaxiaron do entusiasmo de Cristina (nai de Raquel) no proxecto de editar un libro de contos, onde os nosos amigos os escritores, coa súa imaxinación encherían as páxinas de palabras e onde as persoas con minusvalía intelectual o pintarían de bonitas cores coas súas ilustracións. Un libro que pretende dar a coñecer á sociedade as capacidades que teñen as persoas con minusvalía intelectual. Este libro é un claro exemplo de cómo estas persoas conseguen superar as súas dificultades cando se lles ofrecen os apoios necesarios e se lles dan oportunidades de participar". ASPANAEX

lunes, 10 de enero de 2011

Na punta do pé

Temos na biblioteca este fermoso libro-CD-DVD que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués dun xeito ameno, divertido e participativo.
No repertorio hai 12 temas en galego, portugués e mirandés -mesmo algún de orixe brasileira- con arranxos musicais orixinais. O CD tamén inclúe 4 versións instrumentais para seren cantadas. O DVD contén explicacións dos pasos e demostracións dos bailes. En conxunto, trátase dun traballo feito para enriquecer o tempo de lecer, cantando e bailando.

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.