martes, 26 de junio de 2012

Festival de Fin de Curso

O tempo pasa, xa hai catro anos, e penso que o obxectivo proposto está conseguido e de sobra.
Por fin temos unha biblioteca digna deste fermoso colexio e agora tócalle a outros traballar na parte máis levadeira do proxecto: dinamizala e convertela, non soamente nun lugar de préstamo de libros, senón no Centro de Información e de recursos do Colexio.
Xa só quédame dar as grazas a todos os que colaboraron: alumnos e alumnas, mestres e mestras, pais e nais, institucións.
FELIZ VERÁN
Ubaldo

FOTOS DE INFANTIL



VIDEO INFANTIL




INFANTIL 5 ANOS




PRIMEIRO





TEATRO 2ºA-5º





BAILE 2ºB




BAILE 2º CICLO





BAILE FINAL




Se queredes ver baixar ao voso ordenador as fotos do Festival soamente tedes que picar neste enlace:


jueves, 14 de junio de 2012

Visita de Susana

Que sorte tivemos!
Susana, a nai de Nerea, trouxonos chocolate!
Ademais ensinounos moitas cousas.....
Sabiades que o chocolate son sementes dunha árbore?
Siiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii! A árbore do cacao


lunes, 4 de junio de 2012

Sapocontos


A Biblioteca de aula da clase de 5 anos, coa colaboración da “Biblioteca An Alfaya” e as familias, comezou este curso un proxecto chamado SAPOCONTOS.
Primeiro houbo que facer unha pequena selección de libros variados da Biblioteca e levalos a Biblioteca de aula. 
Para cada libro buscouse unha actividade de ampliación o máis motivadora posible. 
Cada venres, dende outubro ata final de curso, todos os nen@s da clase escollen libremente un conto e a súa ficha correspondente, para ler durante a fin de semana. 
O luns o devolven co traballiño feito. 
Vamos recopiando todos os traballiños para facer a final de curso un libriño do máis orixinal e variado.
Este é o resultado

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.