Sabedes que escritora está moi vinculada ao colexio, asinounos algún libro seu, está moi relacionada co teatro e ademais é mestra, criminóloga e detective privado......
Máis pistas: Premio Merlín 1997, accesit do Premio Novela por entregas La Voz de Galicia 2003, finalista do Premio Ala Delta e premio Frei Martín Sarmiento, Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2005, Premio Xosé Neira Vilas 2006 ao mellor libro infantil e xuvenil, Premio White Ravens 2007 e Lista de Honra IBBY 2008, Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2007.
Un dos libros adicados aos rapaces e rapazas do colexio fala de Crispín que sempre foi un namorado da fotografía, quixo ser retratista de profesión. Crispín semella un vello furón, axexando a súa veciña, Eleanora, por enriba do balcón coa súa cámara fotográfica, poñendo en perigo a súa vida, esquecendo que xa non é ningún rapaz, senón un xubilado na costa dos setenta. Dende hai uns meses Crispín leva cabilado dabondo na identidade de Gloria;. primeiro pensaba que se trataba da neta de Eleanora, polo xeito de falar con ela, pero axiña muda de opinión e ocorréuselle pensar que se refería a unha mascota. ¿Quen será Gloria en realidade?
Outro dos libros que temos na biblioteca desta escritora fálanos do sireno da Porta do Sol que desperta emocións intensas e contradictorias no interior dun neno que acaba de perder ao seu pai nun accidente.
Como imaxino que xa sabedes quen é invítovos a que escribades o seu nome nos comentarios.
4 comentarios:
Pode ser Ángeles Alfaya (An Alfaya)?.
Alicia (3º curso)
Que listiña me é esta Alicia; Cóntanos algo dela
Mª de los Angeles Alfaya Bernárdez (An Alfaya, que é o que pon nos libros) é mestra, detective privado e criminóloga. Vai facer anos o 2 de marzo e naceu en Vigo (en Candeán). Ten un fillo. Ten escritos moitísimos libros tanto para adultos coma para nenos e recibiu moitos premios por eles inda que o último foi por un libro para maiores (Areaquente) e está coma finalista para que lle dean outro. Do seu libro Down hai moitísimas entradas no google. No cole temos os libros: A Encontadora e ¡Sireno, sireno! Outros libros da escritora son: O maquinista Antón, Down, Vacas na cidade? (ten uns debuxos moi bonitos), O caderno azul, A lenda da lúa de Montealto, e moitos máis. Foi cofundadora, xunto co seu marido (quen tamén é detective privado), do Teatro Avento, no que foi intérprete, directora e escritora de textos. Gústalle moito Luis Eduardo Aute (escoita as súas cancións cando fai as tarefas da casa) e a película As pontes de Madison. Foi a voz de Betti nalgúns capítulos dos debuxos da galega Os Picapedra.
Espero que todo estea ben. Un saúdo. Alicia
Moi ben, moi ben, moi ben. No colexio temos máis libros dela pero están sin pasar polo ordenador.
Alicia, paréceme que mereces un premio
Cando remate con todo o lío que teño na biblioteca creo que deberíamos invitala a que nos contara algunha cousiña sobre os seus libros.
Publicar un comentario