Tras unha fermosa editorial o alumnado de 6º dános a coñecer a figura de Lois Pereiro, escritor homenaxeado este ano nas Letras Galegas.
O alumnado de Infantil de 4 anos recorda co poema "polo laranxal tres avelaiñas andan a voar..." a figura de Xosé María Álvarez Blázquez homenaxeado no 2008 e tamén recordan o seu proxecto de traballo "OS CASTELOS"
O alumnado de 4º emulan a Martín Códax homenaxeado no 1998 xunto a Johán de Cangas e Meendinho.
Os de 3º coñeceron a obra de Luís Seoane no mes de novembro e tanto gustoulle un retrato do pintor que eles se fixeron o seu e o puxeron na revista
5ºB poñen no seu espazo da revista o relato "o cabalo de Alberte Merlo" do libro "os outros feirantes" de Álvaro Cunqueiro, escritor homenaxeado nas letras galegas en 1991
1ºA recordanos ao escritor que da nome ao noso colexio: "Otero Pedrayo" que foi homenaxeado en 1988
Como o noso colexio leva o nome de "Otero Pedrayo" o alumnado de 2º profundizou sobre a súa vida e a súa obra ademáis de recordarnos moitas das cousas que facemos no cole
E seguindo con Ramón Otero Pedrayo o alumnado de 1ºB escribiunos o seu poema "O Pelingrino"
Na seguinte páxina os podedes divertir xa que o alumnado de 1º fixo unha sopa de letras onde tedes que atopar os seus nomes.
Leiras Pulpeiro homenaxeado en 1983 e Castelao en 1964 tamén son recordados na revista
Non vos perdades a homenaxe que o alumnado de infantil de tres anos fai a Rosalia (1963) co seu poema "Adios ríos, adios fontes", unha marabilla do alumnado máis novo do colexio
A ANPA recordanos as diferentes celebracións do colexio: festa do outono, nadal, entroido, primavera e a de fin decurso que van a celebrar a finais de maio
As piruletas de cinco anos traballaron a vida e obra de Picasso e nos mostran na revista a Picassadas
Eu recordei a visita de An Alfaya a miña cova e tamén plantexo 10 preguntas para papás e mamás para a selección de libros.
Noraboa ao Equipo de Normalización Lingüística por este traballo tan ben feito
No hay comentarios:
Publicar un comentario