miércoles, 18 de mayo de 2011

Contarte

O alumnado de 2º e 5º participaou nos obradoiros de animación á lectura CONTARTE 2011 organizados polo Concello de Vigo.

O alumnado de 5º traballaron o libro "A caixa de cartón" 
Publicado pola editorial OQO na súa colección "Qontextos"; Caixa de cartón está escrito por Txabi Arnal e ilustrado polo iraniano Hassam Amekan. Neste álbum, Txabi Arnal e o ilustrador iraniano Hassan Amekan únense para ofrecer unha crónica da inmigración, mais desde un punto de vista moi diferente ao que a diario nos presentan os telexornais e periódicos. Nestas páxinas non hai análises de xornalistas, nin estatísticas; só a voz valente dos protagonistas deste auténtico drama humano e vai ser unha nena inmigrante a que en primeira persoa nos relate a súa historia. 

O alumnado de 2º fixeron o seu obradoiro de lectura sobre o libro "A caixa dos recordos"
Publicado tamén por OQO, con texto de Anna Castagnoli e ilustracións de Isabelle Arsenault,  recrea a importancia dos obxectos segundo a carga afectiva que lle atribuímos.
Pero ademais reflicte a xenerosidade de saber compartir, de xeito que esta remata sempre na felicidade de ver cumpridos soños case impensables. Ademais do texto,  as ilustracións son doces e afectivas.       

No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.