martes, 29 de marzo de 2011

Poesía

Moitas son as cousas que lle pedimos ao noso alumnado no que na terminoloxía docente define como competencias, e ben é certo que a nosa sociedade actual cada vez esixe máis para poder resolver o día a día da vida e se non que nos pregunten aos adultos.


Non obstante nesta dificil tarefa de ensinar e por suposto de aprender, hai momentos que nos gratifican a todos a docentes, as familias e o máis importante ao alumnado.

Un destes momentos foi o contacto coa arte da poesía esta semana pasada, na que a nosa querida Gabriela, por unha motivación propia e cun traballo extra nos recordou a través dos versos de Bécquer no seu "Volverán las oscuras golondrinas" que o maior regalo que un ser humano pode dar ou recibir é o amor.

É certo que o profesorado hoxe en día abrangue e alcanza o inalcanzable porque ademais da materia curricular debe dar resposta a outras moitas frontes: actitudes, dificultades, coñecer o ámbito, novas tecnoloxías, celebracións, educación en valores, convivencia, economía sostible....

Por iso manifestámonos moitas veces insatisfacción ante esa sensación de querer e non poder, que se esvae suavemente cando oimos a unha alumna recitar con sentimento e cunha prosodia intachable unha poesía complicada que ademais, con 8 anos se sabe de memoria, non porque ninguén llo esixise senón porque a ela lle gusta a poesía e así quíxoo.

Agora coas enerxías cargadas, aproximámonos ao mes de abril, mes significativo para a competencia lingüística pola celebración do día do libro. De novo como todos os anos xuntaremos esforzos e faremos unha feira do libro (ademais doutras moitas actividades que ireis decubriendo co paso dos días), na que todos os nosos nenos e nenas, e digo nosos, porque á fin e ao cabo nosos e as nosas son un pouquiño tamén, gocen dunha xornada especial na que o libro sexa o especial protagonista.

Grazas a todos por axudarnos na dificil tarefa de educar e grazas por ter a sorte de dedicarme a ela.

A profe Ana (2º)

No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.