sábado, 9 de abril de 2011

Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2010/2011

Os días 7 e 8 de abril os encargados das bibliotecas do PLAMBE reunímonos no Palacio de Congresos de Santiago para profundizar no modelo da biblioteca escolar que se está a estender, como centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe.
Os Encontros foron interesantísimos cum programa e uns relatores, penso, de altísimo nivel.
Así o xoves, que estivemos soamente os novos do PLAMBE, aprendimos moito con Mónica Baró onde reflexionamos en torno á biblioteca escolar como ferramenta de traballo para o profesorado e o alumnado; Para que unha biblioteca escolar? Como facela posible? Como facela útil? Como facela imprescindible?
Logo, coas asesoras Cristina e Pilar dimos un repaso pola situación actual das bibliotecas escolares.
Co profesor da Universidad de Salamanca José Antonio Cordóns vimos algunhas das aplicacións de internet máis útiles para o traballo no ámbito da biblioteca
Luis Miguel Cencerrado, que é o coordinador do Centro de Documentación e Investigación de Literatura Infantil e Xuvenil da Fundación Germán Ruipérez de Salamanca falamos da importancia da "colección" de asentar criterios para a selección das obras en distintos soportes.
O venres, despois dunhas palabras do Conselleiro e xa todos os responsables do PLAMBE, con Teresa Mañá chegamos a conclusión da importancia da construcción dunha ferramenta de autoavaliación para promover o autoanálise para repercutir nunha mellora da biblioteca escolar
Logo tivemos sesións simultaneas sobre "literatura en imáxes" Elexín a mesa sobre experiencias con banda deseñada onde os representantes dos colexios CPI Castro Baxoi (Miño, A Coruña), CRA de Ribadumia e o CEIP Fleming de Vigo mostráronnos as súas experiencias con este tema
Pola tarde nos xuntamos por zonas educativas para falar dos atrancos que nos atopamos e por último XOSÉ NEIRA VILAS pechou os encontros. A súa intervención foi IMPRESIONANTE contándonos cousas da súa niñez e os seus primeiros contactos cos libros e coas bibliotecas,  das súas estadías na Arxentina e Cuba e do seu traballou no fomento da lectura. Disfrutamos tanto coas súas verbas que ao remate e con toda a sala en pé os aplausos duraron varios minutos. 


No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.