Mostrando entradas con la etiqueta Autores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Autores. Mostrar todas las entradas

miércoles, 24 de febrero de 2010

Zoa e Azor

Hoxe atopei este libro de An Alfaya que está dedicado a toda a comunidade educativa.

Un grupo de teatro chega ao pobo de Silvano. O rapaz axúdaos durante a semana de representación á vez que descobre a súa fascinación por esta actividade e a súa sensibilidade cara á poesía. Unha das súas tarefas é coidar os cabalos da compañía, Zoa e Azor. Non obstante, Tomás, que envexa ao seu primo Silvano, provocará unha desgracia: deixa aberta a gaiola onde están os cabalos e son atropelados por un coche. Zoa queda malferida e Azor morre. Silvano carga coas culpas, aínda que ao cabo do tempo a situación se aclara.

Necesito que me poñades máis cousas (en comentarios) sobre An Alfaya (de tartaruga a mozo/a).............veña, investigade un pouquiño.....gústanme moitísimo os comentarios.

domingo, 21 de febrero de 2010

An Alfaya

An Alfaya, escritora moi vinculada ao noso centro, estudou na Escola de Formación do Profesorado de Vigo e Criminoloxía e detective privado na Universidade Complutense de Madrid.

Moi ligada ao teatro, participou na fundación do Teatro Avento de Vigo. A súa obra literaria diríxese especificamente ao lectorado infantil-xuvenil .








As súas obras para rapaces son: (preme na portada do libro para ver o contido do libro



























Outras obras: "A RECORTADA", " A SOMBRA DESCALZA" "ILLA SOIDADE" "BUGUINA NAMORADA" "O SON DAS BUGUINAS" "AREAQUENTE" "MATEI UN HOME" .............

jueves, 18 de febrero de 2010

De que escritora estamos a falar?

Sabedes que escritora está moi vinculada ao colexio, asinounos algún libro seu, está moi relacionada co teatro e ademais é mestra, criminóloga e detective privado......

Máis pistas: Premio Merlín 1997, accesit do Premio Novela por entregas La Voz de Galicia 2003, finalista do Premio Ala Delta e premio Frei Martín Sarmiento, Premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2005, Premio Xosé Neira Vilas 2006 ao mellor libro infantil e xuvenil, Premio White Ravens 2007 e Lista de Honra IBBY 2008, Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2007.

Un dos libros adicados aos rapaces e rapazas do colexio fala de Crispín que sempre foi un namorado da fotografía, quixo ser retratista de profesión. Crispín semella un vello furón, axexando a súa veciña, Eleanora, por enriba do balcón coa súa cámara fotográfica, poñendo en perigo a súa vida, esquecendo que xa non é ningún rapaz, senón un xubilado na costa dos setenta. Dende hai uns meses Crispín leva cabilado dabondo na identidade de Gloria;. primeiro pensaba que se trataba da neta de Eleanora, polo xeito de falar con ela, pero axiña muda de opinión e ocorréuselle pensar que se refería a unha mascota. ¿Quen será Gloria en realidade?

Outro dos libros que temos na biblioteca desta escritora fálanos do sireno da Porta do Sol que desperta emocións intensas e contradictorias no interior dun neno que acaba de perder ao seu pai nun accidente.

Como imaxino que xa sabedes quen é invítovos a que escribades o seu nome nos comentarios.
Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.