Un grupo de teatro chega ao pobo de Silvano. O rapaz axúdaos durante a semana de representación á vez que descobre a súa fascinación por esta actividade e a súa sensibilidade cara á poesía. Unha das súas tarefas é coidar os cabalos da compañía, Zoa e Azor. Non obstante, Tomás, que envexa ao seu primo Silvano, provocará unha desgracia: deixa aberta a gaiola onde están os cabalos e son atropelados por un coche. Zoa queda malferida e Azor morre. Silvano carga coas culpas, aínda que ao cabo do tempo a situación se aclara.
Necesito que me poñades máis cousas (en comentarios) sobre An Alfaya (de tartaruga a mozo/a).............veña, investigade un pouquiño.....gústanme moitísimo os comentarios.
2 comentarios:
¡Encántame este blog porque informanos de moitas cousas do cole!!
Un bico.
Alicia
Grazas Alicia; as menxases anímanme moito a escribir mais cousas sobre a miña cova.
un saudo Alicia
Don Sapoconcho
Publicar un comentario