viernes, 2 de abril de 2010

A libraria máis fermosa do mundo

A libraría considerada máis bonita do mundo témola moi preto: a libraría Lello en Porto a tan só 150 Km de Vigo.
Esta libraría é famosa no mundo enteiro e unha das iconas dunha cidade con gran tradición literaria e intelectual
Unha enorme xoia arquitectónica é a enorme escaleira labrada no centro do local
A decoración baseada en madeiras talladas, filigranas e multitude de detalles dotados do encanto do antigo, conseguen un ambiente que namora non só aos amantes dos libros senón tamén da historia, a arte e a arquitectura
No teito unha fermosa cúpula de cristal dota de maxia á libraría permitindo a entrada da luz natural perfecta para a lectura
O parqué de madeira do chan está atravesado por unha estreita vía pola que circulaba un vagón que percorría a libraría
Nesta libraría, pola súa beleza rodáronse escenas do coñecido Harry Potter





1 comentario:

Anónimo dijo...

Hai uns meses fun a Porto e sen dúbida a Libraría de Lello e Irmão deixoume impresionada!!! Decateime que Sapoconcho ten bos contactos porque a mín non me deixaron tirar fotos, aínda que non puiden reistirme a facer algunha...
Bicos da piruleta de mora!

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.