viernes, 30 de abril de 2010

Dióxenes

Hoxe recomendamos: DIÓXENES
Dióxenes fálanos da súa familia e das súas peculiares afeccións. O costume do abasto, como o chama o pai. Os avós coñecéronse recollendo charcos os días de chuvia; a irmá maior acumula obxectos inservibles; o irmán pequeno, calquera cousa que se poida contar; os pais, calquera cousa que poida contar o irmán pequeno; o tío carteiro colecciona cartas de amor; Dióxenes, de todo: un submarino, unha duna, un bosque de eucaliptos, cincuenta e sete boias coas súas cincuenta e sete campás.


O autor Pablo Albo é contista de profesión. Antes de chegar a iso, naceu en Alicante en 1971. Foi ao colexio como todos os nenos do seu barrio. En sétimo de EGB gañou o concurso de relatos da súa clase. Déronlle un balón de goma e un xogo magnético. Sóubolle a pouco, pero deu as grazas e quedoulle dentro a afección das letras.
Non deixou de escribir historias e en 1994 empezou a contalas. Por aquel entón xa rematara BUP e COU e estudaba Traballo Social na Universidade de Alicante. Nunca chegou a exercer, aínda que si a diplomarse. Xa antes de rematar sentiuse tentado pola farándula e simultaneou os estudos cos de Animación Sociocultural.
Levado polo impulso irrefreable da xuventude fundou, xunto a dous amigos, o grupo Albo que tantas satisfaccións lle proporcionou nos dez anos e pico que estivo vivo.
Participou en case todos os festivais de narración oral e contou contos en case todas as provincias deste país e nalgún outro.Como non se lle quitou a manía de escribir, seguiu facéndoo. Sempre contos, para nenos ou para adultos


No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.