Este fin de semana entregoume os datos obtidos e podédelos ver e analizar nunha folla de cálculo á que accededes pulsando no gráfico.
A comprensión lectora media do colexio é de 5,3 xusto un pouquiño por riba da media (5)
Teñen un nivel:
- Moi baixo...........................8%
- Baixo................................18%
- Moderadamente baixo...11%
- Normal.............................38%
- Moderadamente alto......20%
- Alto.....................................4%
- Moi alto..............................1%
Destes datos podemos afirmar que un 37% dos nenos e nenas do colexio teñen certas dificultades de comprensión lectora e destes un 8% as teñen moi graves.
Hai un 25 % de nenos e nenas que teñen moi boa comprensión e un 5% a teñen excelente.
A comprensión literal é a que mellor teñen e refírese a ideas e informacións explicitamente manifestas no texto. As tarefas a realizar son:
-recoñecemento de detalles
-recoñecemento das ideas principais
-recoñecemento dunha secuencia
-recoñecemento comparativo
-recoñecemento da causa e o efecto das relacións
-recoñecemento dos trazos de carácter
A reorganización é a comprensión peor e requiere que o alumno analice, sintetice e/ou organice ideas sobre a información explicitamente manifesta no texto que debe ler. As tarefas de reorganización son:
-Clasificar
-Esquematizar
-Resumir
-Sintetizar
No hay comentarios:
Publicar un comentario