martes, 15 de diciembre de 2009

Cousiñas do cole

Entereime de varias cousiñas que van ocorrer no cole estes días:
1º.-Hoxe os nenos e nenas de infantil fóronse a unha saída didáctica: á exposición do escultor Jorge Barbi no Museo Marco de Vigo
2º.-O Orientador do Colexio vai dar unha charla para pais e nai o Xoves 17 ás 16,30 horas: INTERNET: MELLOR EDUCAR. Tedes máis información no blog do departamento:
http://oteropedrayo.blogspot.com/
3º.-A ANPA está a organizar unha actuación do grupo de baile o venres 18 ás cinco da tarde
4º.-Os nenos e es nenas axudados polos mestres e mestras están decorando o colexio e preparando o Festival de Nadal, co lema: "TODOS IGUAIS, TODOS NECESARIOS, TODOS DIFERENTES"

No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.