martes, 30 de diciembre de 2014

FESTIVAL DE INVERNO

O Festival de Inverno foi todo un éxito. Se volo perdestes ou queredes volver velo, aquí tedes os vídeos:

Boneco rock- 3 e 4 anos.

Solamente tú- 2º de EP

El camello cojito- 5 anos


Los reyes en camión-Infantil


1º ciclo de EP

Laura

Alborada de Rosalía de Castro- 2º ciclo de EP


5º de EP

6º de EP

Nace "Criaturas" unha revista dixital especializada en literatura infantil e xuvenil




A comezos deste mes de decembro presentouse no Culturgal a revista dixital especializada en literatura infantil e xuvenil ‘Criaturas’.

‘Criaturas’ é unha publicación dedicada á LIX que abranguerá “distintos eidos da literatura infantil e xuvenil galega (crítica, ilustración, tradución…), detendo tamén a atención nas novidades editoriais e facendo un traballo a prol da visibilización de autoras/es e ilustradoras/es. Aínda que a lix galega será o eixo central, abordaranse tamén outras literaturas que se irán incorporando ás seccións da revista número a número, para así achegar ao lectorado unha panorámica xeral da literatura infantil e xuvenil, explica o grupo promotor desta iniciativa.

O número 0 está moi interesante e esperamos que vos guste. Xa temos o enlace á publicación na columna da esquerda do blogue. 


viernes, 19 de diciembre de 2014

Recomendacións de lectura para este Nadal

Xa están aqui as recomendación lectoras para este Nadal. Esperamos que tomedes boa nota e que vos gusten moito.
Felices festas!

miércoles, 26 de noviembre de 2014

BOSQUES QUE FALAN.


A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, tróuxonos esta actividade que pretendeu achegar ás rapazas e rapaces ao coñecemento dos ecosistemas máis característicos da nosa contorna. Pero a un coñecemento non restrinxido á súa dimensión natural, senón tamén cultural, que pasa, indubidablemente, por descubrir os nomes das árbores, animais ou fungos que os conforman.
A actividade consistiu na creación plástica, a través de materiais de uso escolar habitual como pinturas, ceras, plastilina, etc., en combinación con elementos naturais (fundamentalmente follas), dun bosque atlántico típico galego. Un bosque no que cada un dos seus elementos aparecerá identificado co nome común que lle corresponde na nosa zona. Para isto, comezamos a actividade cunha breve presentación de diapositivas que serviron para introducir ás rapazas e rapaces no léxico relacionado cos ecosistemas terrestres autóctonos máis próximos.

 

domingo, 16 de noviembre de 2014

Ríos que falan



A actividade consistiu na creación plástica dun río típico galego empregando materiais como plastilina, pinturas, cartolinas, etc. en combinación con elementos naturais (terra, follas; segundo a época). Sobre a maqueta colocaronse os nomes de todos os elementos integrantes do ecosistema fluvial e as construcións humanas con el relacionadas.
O obxectivo da actividade era dar a coñecer o léxico que intervén nos ríos galegos, tanto na súa vertente natural como cultural. Para isto, comezamos cunha pequena presentación sobre os ecosistemas fluviais, a flora e fauna que os integran e os aproveitamentos humanos máis típicos que deles se ten feito na nosa contorna.
Antes de finalizar o obradoiro propusose ao alumnado pescudar o nome ou nomes do curso de auga máis importante do seu barrio (introducindo deste xeito o concepto de hidrónimo) e algunha lenda ou historia con el relacionadas.

sábado, 15 de noviembre de 2014

Obradoiro de papel reciclado

O alumnado de 5 anos realizou este obradoiro de ciencias concedido polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello. Toda a clase participou na elaboración dun papel diferente e atractivo ao tempo que reflexionou sobre o abuso das cortas de árbores. 

miércoles, 5 de noviembre de 2014

Samaín 2014



O pasado xoves celebramos Samaín no cole. Familias, alumnado e profesorado conseguimos deixar o cole arrepiante:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.