A actividade consistiu na creación
plástica dun río típico galego empregando materiais como plastilina, pinturas,
cartolinas, etc. en combinación con elementos naturais (terra, follas; segundo
a época). Sobre a maqueta colocaronse os nomes de todos os elementos
integrantes do ecosistema fluvial e as construcións humanas con el
relacionadas.
O obxectivo da
actividade era dar a coñecer o léxico que intervén nos ríos galegos, tanto na súa
vertente natural como cultural. Para isto, comezamos cunha pequena
presentación sobre os ecosistemas fluviais, a flora e fauna que os integran e
os aproveitamentos humanos máis típicos que deles se ten feito na nosa
contorna.
Antes de finalizar o obradoiro propusose
ao alumnado pescudar o nome ou nomes do curso de auga máis importante do seu
barrio (introducindo deste xeito o concepto de hidrónimo) e algunha lenda ou
historia con el relacionadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario