A Concellería de NL,
a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, tróuxonos esta actividade que pretendeu achegar
ás rapazas e rapaces ao coñecemento dos ecosistemas máis característicos da
nosa contorna. Pero a un coñecemento non restrinxido á súa dimensión natural,
senón tamén cultural, que pasa, indubidablemente, por descubrir os nomes das
árbores, animais ou fungos que os conforman.
A actividade consistiu
na creación plástica, a través de materiais de uso escolar habitual como
pinturas, ceras, plastilina, etc., en combinación con elementos naturais
(fundamentalmente follas), dun bosque atlántico típico
galego. Un bosque no que cada un dos seus elementos aparecerá identificado co
nome común que lle corresponde na nosa zona. Para isto, comezamos a
actividade cunha breve presentación de diapositivas que serviron para
introducir ás rapazas e rapaces no léxico relacionado cos ecosistemas
terrestres autóctonos máis próximos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario