lunes, 23 de abril de 2012

viernes, 13 de abril de 2012

Aprendemos na Biblioteca

Os nenos e nenas do 1º Ciclo coñecemos o noso medio a través das visitas dunhas persoas moi especiais para nós e para os nosos mestres.


Nesas visitas de grandes profesionais (veterinario, bióloga, xardineira, periodista, ilustrados....) descubrimos unha morea de cousas.


Sabíades que......

  • Nos aeroportos traballan veterinarios evitando que cheguen a nós enfermidades doutros países.
  • Os piollos son parásitos exóxenos que non saltan
  • Unha misma paisaxe pode estar moi distinta en función da estación do ano na que nos atopemos.
  • O lugar onde traballan os periodistas que nos transmiten as noticias diarias chámase "redacción"
Se queredes saber moitísimas mais cousas......preguntadenos a nós, saberémolo seguro.

Grazas a todos os que facedes posible este tipo de actividades. Gústanos moito


lunes, 26 de marzo de 2012

Reto superado polo alumnado de 1º

A través da poesía "A Oreja Verde" do autor Gianni Rodari, os nenos e nenas de primeiro descubrimos cousas asombrosas.

Gianni Rodari, un escritor cuio sono era ser músico, motivounos a descubrir que é un EXPRESO, cómo viaxar de SORIA a MONTEVERDE e por suposto a conservar unha orella verde a pesar de que os anos se empeñen en MADURARNOS.

Grazas á profe Lourdes, porque dende o país das fadas cos retos atrapados na súa caixa, nos fai participar dunha aprendizaxe moi moi especial, no que nós somos os auténticos protagonistas.
 

PREPARÁNDONOS PARA O RETO

O RETO 

AS FELICITACIÓNS

viernes, 16 de marzo de 2012

Semana da prensa.


Co motivo da semana da prensa, este mércores visitounos o periodista Rubén Valverde! Ensinounos como se traballa nunha redacción dun xornal, nun estudo de radio e nun plató de televisión, así como a elaboración dunha nova, en que consiste unha entrevista e o respecto das quendas nos debates. O que máis nos gustou foi saber o emocionante que pode ser traballar de periodista deportivo e narrar un partido. Tamén nos chamou moito a atención o perigoso que pode ser traballar de corresponsal. En definitiva, foi divertidísimo! Convidámoste a voltar cando queiras! 

martes, 13 de marzo de 2012

Semana da prensa I

 Comezamos a "semana da prensa" coa exposición, no soportal do Colexio, dos diferentes xornais de Galicia, España e do mundo

E o profesorado xa empezou a traballar coa prensa

sábado, 10 de marzo de 2012

Semana da prensa

Do 12 ao 16 de marzo celebraremos no Centro a semana da prensa coas seguintes actividades:
  1. O alumnado converirase en xornalistas e publicaran no "Faro de Pedrayo" as diferentes noticias
  2. Un profesional contaranos con detalle como é e como se vive o fascinante mundo do periodismo
  3. Durante toda a semana estarán os principais xornais de Galicia, España e do mundo na entrada do Colexio 
  4. Como manda o calendario escolar un día da semana os mestres traballaran con xornais e sen libros
E se queredes ir lendo os xornais de todo o mundo en formato dixital non tedes máis que picar na imaxe 

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.