Nesas visitas de grandes profesionais (veterinario, bióloga, xardineira, periodista, ilustrados....) descubrimos unha morea de cousas.
Sabíades que......
- Nos aeroportos traballan veterinarios evitando que cheguen a nós enfermidades doutros países.
- Os piollos son parásitos exóxenos que non saltan
- Unha misma paisaxe pode estar moi distinta en función da estación do ano na que nos atopemos.
- O lugar onde traballan os periodistas que nos transmiten as noticias diarias chámase "redacción"
Se queredes saber moitísimas mais cousas......preguntadenos a nós, saberémolo seguro.
Grazas a todos os que facedes posible este tipo de actividades. Gústanos moito
3 comentarios:
Encántanme estas actividades porque moitas veces un ratiño do voso tempo:pais, nais, avós, primos, amigos,...supón unha pegada para sempre na vida dos nosos nenos! Noraboa a tod@s!!!
Piru de Cereixa
Foi un placer poder participar nesta actividade. Moitas gracias ós mestres e ós nenos polo seu cariño e atención. Paseino moi, moi ben!!!
Bicos...
Celia
Grazas Celia; os nenos e as nenas aprenderon moito contigo.
Don Sapoconcho
Publicar un comentario