Durante esta semana e coincidindo co Día do Libro, o Equipo de Biblioteca dinamizou as seguintes actividades:
- Apadriñamentos. Cada unha das clases do primeiro ciclo apadriñou unha clase de Infantil. 1º apadriñou a Infantil de tres anos, 2º Á Infantil de catro anos e 2º B a Infantil de 5 anos. Cada clase e en grupos de cinco alumnos contáronlle un conto á súa clase apadriñada
- Ruta dos contos.
- Infantil deleitounos cunha representación teatral de como era a vida na Prehistoria xa que o seu proxecto trimestral é sobre este tema
- O curso de primeiro representou a obra "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" e logo propúxonos talleres para traballar o conto
- Reto. A profesora Lourdes formulou un novo reto aos alumnos sobre unha poesía de Gloria Fuertes que trata sobre os avós. Moito teñen que investigar para lograr o reto.
- Lectura colectiva. O segundo e terceiro ciclo elixiron como actividade a lectura colectiva do libro "Boy" de Roal Dahl
No hay comentarios:
Publicar un comentario