Estes días estiven a visitar outras bibliotecas e hai unha que me gusta moi especialmente: a biblioteca do CEIP "Mestres Goldar" onde vive un rato "MIK"
É unha biblioteca que leva xa varios anos funcionando e organizan moitas cousas: "lecturas e encontros dixitais", "paz", "día do libro", "letras galegas", "semana da prensa", "hora de ler", "madriñas e padriños" e outras miles de cousas máis que podedes ver no seu blog: http://www.blogoteca.com/orecantodemik/
Estes días estiveron a celebrar a "semana da poesía" que resultou moi emocionante e polos comentarios que fan no blog ao alumnado lles gustou moitísimo e queren repetir. http://www.blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cod=82189
Eu aínda estou a comenzar coa biblioteca, as veces estou moi animado xa que levamos catalogados 2500 libros e parece que o traballo pesado empeza a rematar pero outras veces afúndome xa que a ampliación que tiña que estar feita xa no Nadal non ten trazas de que empecen e ase non podemos pola a funcionar, unha pena.
PD. Fíxenme amigo de Mik e prometeume que nos axudaría a comezar con esta aventura.
Grazas MIK
5 comentarios:
Meu benquerido Sapoconcho:
Non te desanimes, esa coviña que estás a preparar xa ten moitísimo encanto e todos apreciamos o inmenso traballo que estás a realizar. ¡2500 libros catalogados! ¡Que tremendo esforzo! Axiña virá a colleita: os nenos e nenas disfrutando da lectura nesa cova tan xeitosa. E despois "a prensa", "a paz", "a semana da poesía"... e seguriño que farás moi felices aos nenos e nenas do Ceip Otero Pedrayo, acompañándoos en todas esas aventuras. E xa sabes que na nosa biblioteca sempre estamos pendentes da túa cova, que nos encanta. Ven visitarnos cando queiras, sempre hai quexiños e agarimo para os amigos coma ti.
Moitos biquiños ratunos
Espero que pronto empece a colleita, Mik. Algunhas cousiñas fixemos dende a biblioteca, pero desespérame que non empecen as obras. Si nos houberan tirado o tabique xa poderíamos facer moitas máis cousas xa que teríamos un espacio arranxado e a prioridade non sería catagolar. De todos xeitos : moitas grazas polo ánimos e por suposto que irei a visitar o teu "recanto"
¡Ánimo Don Sapoconcho!
Os nenos e os pais agradecemos moito tanto traballo e esforzo.
O catálogo vai moi ben, e o demais esperemos que chegue mais ou menos axiña.
Paseniño, que para iso es unha tartaruga non?, pero sempre para diante. Mik é un rato (é mais rápido) pero seguro que o seu traballo lle levou.
Moitas gracias por todo!
LMM (a de sempre) e familia.
Pois sí Don Sapoconcho, as Piruletas damos fe do tremendo traballo que estás a facer e sobre todo a ilusión que tes de pór a túa cova a punto. Non desesperes que LMM (jajaja) ten moita razón, o Mik é un fedello pero tí es "lento" pero seguro! O resultado vai a ser sensacional e iso é o importante! Un bicopiruleta de mora
Moitas grazas polos ánimos, seguro que entre todos e todas imos poñer a miña cova moi bonita e faremos tantas cousas fermosas como fai Mik para que os nenos e as nenas do colexio amen a lectura
Publicar un comentario