- "me llamo.."
- Contos de mamá
- Os dereitos do neno e da nena
ME LLAMO
Chámome Agatha Christie, aínda que todo o mundo me coñece pola Raíña do Crime... Non! Non creades que son unha asasina. Todo o contrario, en realidade é moi pacífica, pero dedícome a escribir novelas policíacas e relatos de misterio.
John Lennon foi o fundador dos Beatles, o grupo de rock máis famoso de todos os tempos. Revolucionou o panorama musical, conectando cos mozos de todo o mundo
Un dos testemuños máis impresionantes do Holocausto xudeu protagonizono unha nena alemá, Ana Frank que morreu aos 16 anos nun campo de concentración. No seu Diario recolleu a experiencia de vivir oculta nunha casa, coa súa familia e outras persoas, intentando eludir a persecución a que os alemáns sometían os xudeus.
A Madre Teresa de Calcuta desenvolveu boa parte da súa obra na India, asistindo aos pobres dese superpoboado país .
A fascinante vida de Leonardo da Vinci lévalle a rexentar unha taberna con Botticelli, a deseñar artefactos de guerra ou inventar obxectos e vehículos, a estudar a fondo a anatomía humana ou a realizar obras inmortais como a Mona Lisa ou A última cea.
Charles Darwin foi unha figura clave nas ciencias naturais. Dende pequeno mostrou un grande interese pola natureza e aos 22 anos emprendeu unha viaxe científica que ao longo de cinco anos lle levou por todo o mundo, onde puido estudar unha infinidade de seres vivos e fenómenos naturais. A súa teoría máis importante foi a da evolución das especies, orixinada pola selección natural dos espécimes máis aptos para a vida nun medio determinado
Marie Curie casouse con Pierre Curie, con quen traballaría intensamente e descubriría o polonio e o rodio, sendo ambos os dous galardoados co premio Nobel de Física. Tras a morte do seu marido, fundou o Instituto do Raio, e durante a Primeira Guerra Mundial contribuíu eficazmente, coas aplicacións dos raios X, á asistencia dos feridos. En 1911 concedéuselle o premio Nobel de Química, converténdose así na única persoa en toda a historia que recibiu esta distinción dúas veces.
Albert Eistein aínda que suspendeu o exame de ingreso na Politécnica, a revista Time nomeoulle "personaxe do século XX", seguramente porque as súas achegas á física revolucionaron os coñecementos da era contemporánea. Pero detrás da súa portentosa intelixencia había un home de carne e óso, cos seus sonos e as súas paixóns.
A súa paixón polos libros e a súa capacidade para imaxinar situacións, personaxes, lugares, artefactos ou vehículos do futuro levárono a ser considerado o precursor da ciencia-ficción. Ler Julio Verne é embarcarse nunha fabulosa aventura, repleta de sorpresas, emocións, riscos e exotismo.
Charles Chaplin é unha das figuras capitais da historia do cine. Fillo dun matrimonio de humildes actores, pasou en poucos anos da máis triste miseria á fama e a ser o actor mellor pagado da súa época . Considerado un xenio do cine (primeiro mudo e máis tarde, sonoro), a súa carreira arrancou coa pura comicidade, pasou polo xénero sentimental e dramático para, finalmente, abordar a denuncia social e política. A súa gran creación foi o personaxe de Charlot, un vagabundo inconfundible polo seu bigote, o seu sombreiro de fungo, o seu bastón... e as súas peripecias, que emocionaron a varias xeracións.
OS DEREITOS DO NENO E DA NENA
- Chámome Asetu
- A Caixa Méxica
- O neno sen nome
- Boas noites
- O sorriso de César
- Ti tamén, Inés
- Os xemelgos do outeiro
- Un accidente
- A andoriña viaxeira
- Nin laranxa nin lila
CONTOS DE MAMÁ
- De maior quero ser
- Os xemelgos
- O zapateiro máxico
- Soños de algodón
- Andrés o mentireiro
- A moeda de ouro
No hay comentarios:
Publicar un comentario