Procurouse a coincidencia do Xacobeo co Ano do Libro e da Lectura co obxecto de propiciar a complementariedade entre estas dúas celebracións. Sitúase así o libro, a nosa cultura e a nosa lingua, no marco dun acontecemento de enorme proxección exterior como é o Ano Santo.
A programación exposicións, encontros e congresos, animación á lectura, difusión do libro, homenaxes, etc.
Celebrarase o centenario do nacemento de dous grandes persoeiros galegos: Gonzalo Torrente Ballester e Luís Seoane. Así mesmo, haberá actos conmemorativos dos 125 anos do pasamento de Rosalía de Castro, e homenaxes a Uxío Novoneyra, poeta ao que a Real Academia Galega lle dedica o ano 2010.
No hay comentarios:
Publicar un comentario