Os nenos e nenas de infantil visitaron a cova e e atopáronlla toda revolta, pero.....como xa hai moitos libros que están catalogados, levaron unha chea para as súas clases.
Espero que disfruten
viernes, 27 de noviembre de 2009
miércoles, 25 de noviembre de 2009
Catálogo da biblioteca en internet
Gracias ao "proxecto meiga" xa podemos entrar no catálogo da biblioteca do cole para:
- consultar os libros que xa levamos informatizados; os podemos consultar por autor, título, tema, idioma, pais, editorial, etc
- reservar un exemplar cando estedes dados de alta na biblioteca
- enviar unha opinión sobre un libro
- ver un pequeno resumo do libro
- .........
Picando na imaxe poderemos consultar o catálogo da biblioteca
Centro de artesanía tradicional de Vigo
Hoxe houbo alboroto no salón de actos; non pararon de pasar clases durante toda a mañá.
Achegueime a ver se me decataba do que pasaba e alí estaban, dúas mozas explicando e facendo cestos, actividade artesanal, que tivo na nosa cidade moita relevancia, reflectida no nome da rúa Cesteiros do Casco Vello, un dos centros de produción de cestería máis importantes de Galicia, con oito obradoiros abertos ata mediados dos anos setenta do século pasado no que traballaban ao redor de vinte cesteiros.
Esta actividade chámase "Artesanía na Escola"´e está organizada polo CAT (Centro de Artesanía Tradicional de Vigo).
Aprendín moito con esta actividade e case que me atrevo facer un cesto, mellor o deixo e dedícome á miña biblioteca, como dicía un amigo meu "zapateiro aos teus zapatos".
Déixovos unhas fotos e un pequeno vídeo da actividade
Un saúdo. Don Sapoconcho

As irmás Mirabal
O blog do recanto do Mik ten unha Webquest pensada para Terceiro Ciclo de Primaria co obxectivo de traballar e reflexionar sobre a violencia contra as mulleres aproveitando a celebración do 25 de novembro: Día Internacional contra a violencia de xénero.
En honra as tres valentes irmás, Patria, Minerva e María Teresa Mirabal, cada 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Non Violencia Contra a Muller. Isto foi establecido no Primeiro Encontro Feminista Latinoamericano e do Caribe celebrado en Bogotá, Colombia no ano 1981
Pica na imaxe para ir a Webquest
jueves, 19 de noviembre de 2009
25 de novembro: día internacional da eliminación da violencia contra a muller
O 17 de decembro de 1999, a través da resolución 54/134, a Asemblea Xeral declarou o 25 de novembro como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e invitou aos gobernos, as organizacións internacionais e as organizacións non gobernamentais a que organicen nese día actividades dirixidas a sensibilizar á opinión pública respecto ao problema da violencia contra a muller.
Elixiuse o 25 de novembro para conmemorar o violento asasinato das irmás Mirabal (Patria, Minerva e Maria Teresa), tres activistas políticas asasinadas o 25 de novembro de 1960 en mans pola policía secreta do ditador Rafael Trujillo na República Dominicana. Os seus cadáveres esnaquizados apareceron no fondo dun precipio. Para o movemento popular e feminista de República Dominicana historicamente estas mulleres simbolizaron a loita e a resistencia.
Buscando por internet atopeime este vídeo feito pola asociación de mulleres rurais "Sardiñeira", a asociación cultural "Os Anxos" e os membros da corporación municipal de Vilagarcía de Arousa. Encantoume

miércoles, 18 de noviembre de 2009
¿Amplian a miña cova?
Hoxe, estando moi tranquiliño na miña cova, empecei a oir ruídos estraños e alí estaban: medindo, e dáme no meu caparazón que vai ser que van ampliar esta pequeniña cova que teño.
Que contento estou, que ledicia porque xa levo anos oíndo o da ampliación da miña cova pero nada de nada........ e agora, cando menos esperábao, danme esta alegría.
Pois se a amplían, CANTAS COUSAS IMOS FACER.....
Déixovos que teño que apurar en informatizar todos estes libros antes de que chegue a ampliación....a ver se me vai a pillar.

domingo, 15 de noviembre de 2009
De maior quero ser....

Cóntanos a historia de "Miguel" un neno que de noite lle costaba conciliar o sono e botaba a súa imaxinación a voar.
Meditaba na oscuridade do seu carto o que quería ser de maior. Quería ser o "mellor" pero despois de moito meditar pensou que de maior quería ser "pequeno"
O título do libro é "De mayor quiero ser...." a súa autora é Ana Belén González Novoa e a editorial é "Nova Galicia Edicións"
Este libro o tedes na bliblioteca e se pode levar ás clases.
Un saudiño. Don Sapoconcho
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.