Non paramos nin un momento: Imos a clase, xogamos, facemos concursos... todo en inglés. Onte, o día da terra, tivemos xeo-caching. Hoxe, como é o día da auga, fumos de ruta hasta o río Escabas. Como vale máis unha imaxe que mil palabras aquí tedes unha mostra:
martes, 12 de noviembre de 2013
lunes, 11 de noviembre de 2013
Campamento de Inmersión Lingüística
Esta
semana parte dos nosos alumnos de 6º e 5º non pensan aparecer polo
colexio!!! Non pensedes mal... é que están de campamento practicando o
seu inglés. Cando volten parecerán casi nativos ;-).
A aventura comezou onte moi pero que moi cedo, ás 7 da mañá.
Así foi que chegaron a Priego (Cuenca) aínda de día. A partir dese
momento todo foron novos descubrimentos e diversión: coñeceron aos
profes e monitores, aos compis de Sevilla, novos xogos e cancións. Aquí
podedes ver unha pequena mostra:
sábado, 9 de noviembre de 2013
OBRADIORO DE CIENCIAS: CREMA DENTÍFRICA.
O venres @s nen@s de 1º estiveron facendo crema dentífrica. Unha vez máis, grazas ao SNL do Concello de Vigo, que nos ofertou esta actividade na que se traballa o léxico bucal en frases feitas, refráns, cantigas...
mentres se elabora a pasta dentífrica.
Etiquetas:
1º EP,
Dinamización Lingüística
martes, 5 de noviembre de 2013
O CULLARAPO CROQUE VISITA INFANTIL
O martes 29, grazas ao sevizo de Normalización Lingúistica do Concello de Vigo, o alumnado de Infantil tomou parte nesta actividade onde se mestura poesía, música e movemento coa fantasía propia destas idades.
Etiquetas:
Dinamización Lingüística,
infantil
viernes, 25 de octubre de 2013
POLO CORREO DO VENTO
Hoxe 1º ciclo participou nesta actividade concedida pola Concellería de Normalización Lingüística de Vigo. É un proxecto didáctico no que a palabra e a imaxe constitúen as ferramentas esenciais para activar a creatividade e imaxinación dos máis novos. Desenvólvese un conto de xeito oral e no tempo do relato debúxase un mural correspondente a unha escena clave da narración. Posteriormente, unha rolda de prensa participativa incrementará e completará os misterios e as curiosidades do conto e da ilustración. Nunha segunda parte, nun obradoiro, debúxase, paso a paso, unha personaxe principal da historia, todos xuntos, guiados polo ilustrador. Por último, remátase cun xogo didáctico característico das páxinas finais dos álbumes da colección.
lunes, 1 de julio de 2013
Festival de Fin de Curso 2012/2013
3, 2, 1, ... DESPEGAMOS!!
Infantil despega en busca de RAYOS DE SOL.
Os nosos pequenos graduados non necesitarán máis o mandilón. Así que chega o momento de sacalo!!
Unha vez fora o mandilón chega a graduación.
Os nen@s de 2º teñen moito ritmo.
"Paquito, el chocolatero" triunfa en 3º.
Marchosa actuación de 4º!
Divertidísimas actuacións de 5º!
6º despídese ao grande.
E con deseos de PAZ despedímonos todos ata o curso que ven.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.