POLO CORREO DO VENTO
Hoxe 1º ciclo participou nesta actividade concedida pola Concellería de Normalización Lingüística de Vigo. É un proxecto didáctico no que a palabra e a imaxe constitúen as ferramentas esenciais para activar a creatividade e imaxinación dos máis novos. Desenvólvese un conto de xeito oral e no tempo do relato debúxase un mural correspondente a unha escena clave da narración. Posteriormente, unha rolda de prensa participativa incrementará e completará os misterios e as curiosidades do conto e da ilustración. Nunha segunda parte, nun obradoiro, debúxase, paso a paso, unha personaxe principal da historia, todos xuntos, guiados polo ilustrador. Por último, remátase cun xogo didáctico característico das páxinas finais dos álbumes da colección.
No hay comentarios:
Publicar un comentario