lunes, 4 de junio de 2012

Sapocontos


A Biblioteca de aula da clase de 5 anos, coa colaboración da “Biblioteca An Alfaya” e as familias, comezou este curso un proxecto chamado SAPOCONTOS.
Primeiro houbo que facer unha pequena selección de libros variados da Biblioteca e levalos a Biblioteca de aula. 
Para cada libro buscouse unha actividade de ampliación o máis motivadora posible. 
Cada venres, dende outubro ata final de curso, todos os nen@s da clase escollen libremente un conto e a súa ficha correspondente, para ler durante a fin de semana. 
O luns o devolven co traballiño feito. 
Vamos recopiando todos os traballiños para facer a final de curso un libriño do máis orixinal e variado.
Este é o resultado

No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.