CONCURSO DE POESÍAS
SE GRANDES E PEQUENOS UNIMOS AS NOSAS MANS PARA AMAR O NOSO MUNDO SERÍA MELLOR NON SI?
Sapoconcho non desiste na procura de vivir nun mundo no que as pelexas, as rifas, os problemas, as diferenzas, os insultos...desaparezan para sempre nos rumoreos do vento do inverno.
Para axudalo todos e todas (nais,pais,mestras, mestres, avós,avoas, tíos,tías,sobriños,sobriñas,nenos,nenas...) uniremos as nosas mans e os nosos pensamentos para escribir poesías de amor e inundar así o noso cole de bos pensamentos e propósitos.
- Categoría das Piruletas (Ed. Infantil)
- Categorías dos Pequenos maiores (2ºCiclo)
- Categoría dos Que seguen a aprender (Mestres)
- Categoría Familiar (Pais,Irmáns,Tías...)
Bases de participación:
- Máximo:Unha carilla tamaño folio A4.
- Prazo máximo de entrega: 10 de febreiro.
- Lugar de entrega: Na urna do punto de lectura.
- Presentación: soamente se exporán e valorarán aqueles traballos que estean debidamente presentados e co nome e o curso do alumno/a.
- Nota: Os nenos e nenas de Ed. Infantil poden facer un debuxo relacionado ca temática do amor.
Xuntos imos encher o noso cole de enerxías positivas!
CARTAS DE AMOR
Sapoconcho é partidario de que vos agasalledes cartas de amor, se queres dicirlles cousas fermosas aos teus compañeiros, escríbelle unha carta.
1º) Ten que seguir o formato dunha carta( dentro dun sobre sen pechar co destinatario e remitente indicando o curso deste, ademais a carta ten que ter a estrutura propia desta.)
2º) Prazo de entrega:14 de Abril.
3º) Teñen que estar escritas nun talante positivo, sen faltas de respecto.
4º) Se entregarán nunha urna especial que estará no punto de lectura.
Xuntos imos encher o noso cole de enerxías positivas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario