Copio literalmente o post do Recanto:
Existe unha lenda xaponesa moi arraigada de que ao realizar 1.000 grullas de papel concédese un desexo á persoa que as realizou.
Sadako Sasaki tiña dous anos cando caeu a bomba en Hiroshima, cidade na que vivía. Nove anos máis tarde, como consecuencia da irradiación, diagnosticáronlle unha leucemia.
Internada no hospital, dedicouse con gran entusiasmo a realizar, unha tras outra, grullas de papel. Segundo a tradición xaponesa, se alcanzaba a crear mil, cumpriríase o seu desexo e melloraría da súa enfermidade.
Morreu en outubro de 1955, despois de ter dobrado 644 grullas de papel. Simbolicamente, os seus amigos continuaron a súa misión e completaron as mil grullas, coa esperanza de que se evitasen as guerras no futuro e construíron no Parque da Paz de Hiroshima, un monumento a Sadako e as súas grullas.
Cada ano, no Día da Paz, chegan miles de grullas de papel a Hiroshima desde os puntos máis afastados do planeta. Os nenos e nenas da cidade colgan as grullas no monumento de Sadako, coa esperanza de transmitir esta mensaxe a todo o mundo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario