viernes, 8 de octubre de 2010

As autoridades visitan a miña cova

Onte visitaron a miña cova a Delegada da Xunta en Vigo Lucía Molares e o Xefe Territorial de Educación de Pontevedra Cesar Pérez Ares.

Eu, que son moi tímido, escondinme e foi Ubaldo o que lles ensinou os cambios que se fixeron na miña cova.

Comentoulles o moito traballo que fixo o profesorado do Centro na miña cova e que aínda falta moito por facer.

Agora, díxolles, estamos a esperar polo novo mobiliario que ten que enviar a Xunta ao cal o Xefe Territorial prometeu axilizar o proceso.


Ubaldo ensinoulles a camiseta da biblioteca que realizou o AMPA  e indicoulle o moito que colabora o AMPA na biblioteca e en todas as actividades do centro


3 comentarios:

Anónimo dijo...

Espero poder visitar esa nova cova tan feitiña e que tantas boas lecturas ten preparadas.
Moitos bicos de a Maga da selva

MIK dijo...

Isto de que as persoalidades visiten esa cova ten moito aquel. Ubaldo saes moi guapiño nas fotos; o Sapoconcho ten un bo representante. Parabéns por todo o que levades feito e polo que aínda virá.
Apertas

Don Sapoconcho dijo...

Graciñas maga e Mik, esta cova cada vez, como di a maga, máis feitiña.

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.