Seguen chegando libros. Estes son os últimos:
Cando Madame Pôl se ofreceu como voluntaria, nin ela nin o mago poderían supoñer que unha corrente de vento inesperada e unha ventá, inoportunamente aberta, causarían tal desastre...
A maxia é caprichosa, como demostra esta divertida e surrealista historia, na que as ilustracións teñen un peso e unha función importante: complementar a brevidade do texto coa información visual que achegan as imaxes.
LUIS VAI Á PRAIA
Conta unha xornada dun cativo na ribeira co seu pai. Xogará na area, coñecerá outros meniños e vivirá animadas aventuras por mar, terra e aire. O autor é Guy Delisle. e o deseño é de comic sen palabras
CONTOS PARA NENOS QUE DORMEN DESEGUIDA
28 contos curtos de Pinto Chinto: Un pirata, un pozo, unha princesa, o home do saco, unha bruxa, un músico, o vento, un volcán... son algúns dos protagonistas destas historias que rematan moitas veces cun final sorprendente ou cun toque de humor.
QUE BONITO É PANAMÁ!
Conta a viaxe que Oso pequeno e Tigre pequeno emprenden cara a Panamá seducidos polo aroma a plátanos dunha caixa que leva inscrito o nome dese país. Na Praza Maior.
HISTORIAS DE MESTRE RAPOSO
Mestre Raposo vive na época medieval onde a fame e a penuria acucia os máis desfavorecidos e Mestre Raposo utiliza utiliza o enxeño para conseguir alimentos para a súa familia.
2 comentarios:
Ánimo Don Sapoconcho...que xa queda pouco...
LMM
Pouquiño, so queda decorala
Publicar un comentario