Teño agora 156 anos.Tiven unha boa vida, di varias voltas ao mundo e aprendín moitas cousas.
Á idade de 142 anos cheguei ás Carneiras onde encontrei un lugar estraño pero fermoso cheo duns obxectos de papel que chaman libros. Aprendín rápido a ler e durante estes catorce anos (as tartarugas somos moi lentas) linme todos eses libros.
Descubrín moitas cousas neles; Aí van algunhas
Quero compartir estas emocións convosco. Para iso estou a ordenar a biblioteca e vou cambiar moitas cousas para que estea moito máis bonita.
Este blog vai ser unha das formas en que estea en contacto convosco. Espero que me deixedes moitas mensaxes.
Un abrazo. Don Sapoconcho
No hay comentarios:
Publicar un comentario