viernes, 30 de septiembre de 2011

Falta pouquiño

Estamos a rematar. Paciencia

 

sábado, 24 de septiembre de 2011

Comenzamos de novo

Que alegría ver de novo a rapazada por aquí: nervos, choros, abrazos, saltos.....
Vou botar de menos ás mestras que me axudaban na miña cova: Marivi e Loli que se foron a outro colexio.



Como todos os anos temos novidades, unhas pódense dicir e outras non:
  • Seguimos co PLAMBE (Plan de mellora de bibliotecas escolares) e para este curso concedéronnos 4.800 €: 1500 para fondos, 1500 para mobiliario, 1500 para equipos y 300 para otros gastos
  • Están a darlle un pouquiño de cor a cova
  • Dentro de pouquiño faremos a inauguración da cova
  • Ata aquí o que vos podo contar
  •  
O lema deste ano é




Feliz curso e felices lecturas

 

jueves, 30 de junio de 2011

Felices vacacións


Bo verán e boas lecturas

martes, 28 de junio de 2011

SUPERHEROE?

No  xornal.com vin este artículo de Roberto Noguerol que merece a pena ler enteiro.http://www.xornal.com/opinions/2011/06/26/Opinion/escolas-patas-arriba/2011062622283500566.html
"Non ten por que pintar flores de cores nos cristais cando comeza o curso, pero encántalle facelo. Ninguén a obriga a debuxar monifates para adornar as mesas e tampouco lle esixen decorar de imaxinación as catro paredes desvestidas en setembro. Pero non só non lle importa, adora esa tarefa.
Na casa, quítalle tempo ao seu lecer persoal mentres recorta e plastifica figuras de personaxes para usar na aula ao día seguinte. Cavila músicas e coreografía para unha non imprescindible función de Nadal cos meniños. O guión non o esixe pero, ademais de facer fichas e cumprir obxectivos dun programa, senta os cativos unha tarde calquera para relatarlles algún conto e falarlles de libros e músicas fascinantes. Ás veces compra pola súa conta material que o sistema non lle proporciona.
Inventa minutos onde non os hai para elaborar ideas coas que combater a fatiga dos pícaros e espertar o seu devezo por aprender un día si e outro tamén. E non é o seu traballo, pero non evita soar mocos, limpar cus, axudar a lavar mans, curar feridas ou enxugar bágoas. Xestiona berrinches de pequechos descontrolados que algunhas familias finxen non ter tempo para ensinar a non ser caprichudos.
Multiplicouse moitas mañás para vixiar que algún neno non quedase atrás nun curso con demasiados rapaces por aula. Peteirou algún xantar improvisado sobre a mesa da clase mentres argallaba algunha actividade novidosa. Quedou durmida de cansazo algunha tarde na propia aula despois doutra xornada extenuante espremendo as horas no desafío dun novo día de ensinanzas e aprendizaxes. Superheroe? Non. Unha mestra, como moitos mestres.
Non sempre un pai lle agradece o que fai por seu fillo. Non todos os días unha nai lle regala unha plantiña. Da man de súa neta un avó tráelle unha rosa da súa horta. Un alumno dille que hoxe, tamén, está moi guapa. Pequenos detalles impagábeis do cotiá a pé dun aula. Ás veces acontecen.
Hai anos falábase máis de dignificar o labor docente: tratalos coa deferencia que merecen. Agora recórtanlles soldo, insinúanlles que teñen demasiadas vacacións e esíxenlles xornadas máis longas. É isto froito da ignorancia ou da indiferenza? Se a autoestima dun país se mide polo grao de atención, recursos, consideración e interese que a súa sociedade ten respecto da educación, asomámonos a un preocupante precipicio de apatía. Di un proverbio africano: “Para educar un cativo cómpre a tribo enteira”. Pois aquí cómpre que a tribo esperte."

sábado, 25 de junio de 2011

Disfrutando dun conto

Por fin o último día do curso... É o mellor momento para gozar dun conto na nosa marabillosa biblioteca.

Neste día contamos cun convidado especial, o pequeno Miguel, que nos trouxo o seu Kamishibai para contarnos dous pequenos relatos da cultura chinesa: "A maxia da metamorfose" e "Por que un gato se chama gato e non Sol, ou Muro ou Rato... "

As caras dínnolo todo verdade?, os contos seguen sendo máxicos para o noso pequenos, este verán non esquezades contar e ler moitos contos.

Feliz verán!, a profe Ana e o seu pequeno Miguel.

sábado, 18 de junio de 2011

Que triste estou

Tres colaboradoras miñas déixannos, grandes profesionais e mellores persoas. Para o ano a miña cova vai botar moito de menos a Marivi, Loli e Ánxela.
Marivi: todo disposición, creación,  talento, xenio, figura.......canto che van botar de menos os teus alumnos
Loli: profesional,  resolutiva, traballadora, eficiente,......canto imos a perder no colexio
Ánxela: pasou soamente un ano polo colexio e deixou a súa impronta en todos nos

Marivi despediuse dos seus alumnos co último concerto de violín, a súa segunda gran paixón despois do ensino 





martes, 14 de junio de 2011

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.