Estes días están a falar no Colexio do Decreto de plurilingüismo e me dixeron que picando na imaxe podíase ler
Tamén escoitei que o 91 % dos mestres do Cole ían á folga mañá xoves xa que non están de acordo con este Decreto e me dixeron que os que esteades en contra e desexedes achegar as vosas adhesións á "Plataforma Cidadá Queremos Galego" piquedes no dibuxo
Na páxina de Orientación Andujar hai un xogo da oca pola Paz e moitas máis fichas para traballar este tema. No blog da biblioteca do Colexio "Mestres Goldar" "O RECANTO DE MIK" a través da páxina Edualter.org hai uns materiais moi bos para traballar "a paz a través do cine"
Este é o discurso final de Charles Chaplin en El Gran Dictador 1940, xenial e formidable alegato antibélico
O Ministerio de Educación e Ciencia publicou este precioso conto africano adaptado por Isabel Muñoz Martínez e Isabel Gavilán Villarejo e ilustrado por Elena Ferrándiz Rueda. Podedes velo picando na portada