Don Sapoconcho marcha tamén de vacacións. Ten moitas bibliotecas e librerías que visitar. Pero antes de marchar quere deixarvos unhas recomendacións para o verán. Seguro que atopades algún título interesante. Don Sapoconcho deséxavos un verán cheo de diversión, xogos e moita lectura!
miércoles, 2 de julio de 2014
miércoles, 4 de junio de 2014
viernes, 30 de mayo de 2014
CELEBRACIÓN LETRAS GALEGAS 2014
A celebración voltou a ter como protagonista este Maio tan fermoso feito coas achegas das familias, o traballo da nosa ANPA, a colaboración do alumnado e o profesorado, e a boa man da nosa conserxe.
Para comezar nenos de 3º e 5º recitáronnos orixinais e divertidos Maios:
O acto continuou co recitado de algúns dos poemas de Xosé María Díaz Castro por parte de alumnos de 6º e 1º, 2º e Infantil:
A continuacón, Infantil bailou ao redor do Maio a canción Camiño de Viseu:
Ángela de 4º bailounos unha xota galega:
O final de festa foi espetacular, toda primaria bailou unha muñeira, o que foi posible grazas a nosa supermestra de música:
A verdade é que foi unha conmemoración fermosa. Por sorte, tivemos a nosa teacher, cámara en man, para facer posible compartir estes momentos coas familias.
Etiquetas:
Dinamización Lingüística,
Letras Galegas,
Maios
jueves, 22 de mayo de 2014
FALAMOS 2014
A nosa revista do curso 2013/14 xa está nas casas do noso alumnado. Para os demáis, aquí a tedes:
Etiquetas:
Dinamización Lingüística,
Revista
miércoles, 21 de mayo de 2014
Os Maios
O alumnado de 3º aprendeu sobre os maios de man dunha actividade dinamizadora do galego, ofertada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello.
Neste obradoiro coñeceron as orixes da festa, dos cantares, dos persoaxes, ... e, por suposto, aprenderon e practicaron unha fermosa danza.
Etiquetas:
3º Primaria,
Dinamización Lingüística,
Maios
jueves, 8 de mayo de 2014
Xosé María Díaz Castro
Achégase a conmemoración das Letras Galegas.
Así que imos ir colgando
pequenas pinceladas do autor homenaxeado este ano.
O IES As Barxas de
Moaña (Pontevedra) fixo esta pequena curta que recrea o poema “Penélope”
de Xosé María Díaz Castro mediante a mestura das voces do alumnado
cunha moderna animación manga:
O noso cole está moi florido grazas a boa man da nosa conserxe: Chus. Grazas a ela podemos por imaxes a un poema moi fermoso de Xosé María Díaz Castro:
ESMERALDA
Herba pequerrechiña
que con medo surrís
ó sol que vai nacendo
e morrendo sin ti,
por que de ser pequena
te me avergonzas ti?
O Universo sería
máis pequeno sin ti!
martes, 8 de abril de 2014
Mai Lúa
O
pasado xoves, o alumnado de 3 e 4 anos recibimos a visita de Mai Lúa. A
nosa amiga viu cargada de música e contos. Así coñecemos interesantes
instrumentos, como a zanfona e máxicos personaxes, como a Pita Amarela.
Etiquetas:
3 ANOS,
4anos,
Dinamización Lingüística
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.