jueves, 13 de febrero de 2014

Ludoteca lingüística

Onte o alumnado de 5º e 6º puido divertirse nesta xincana da nosa lingua, concedida polo Concello:

martes, 4 de febrero de 2014

A maleta da avoa.

O pasado mércores todos os nen@s de Infantil puideron rematar o día cunha morea de contos, q está vez non viñan nun libro, estabán todos dentro dunha maleta: a maleta da avoa! (Outra actividade de Dinamización lingüística, concedida polo Concello).

viernes, 31 de enero de 2014

PASENIÑO COA LINGUA

Se picades no seguinte enlace poderedes ver as fotos doutra actividade de Normalización Lingüística concedida polo Concello de Vigo:

miércoles, 29 de enero de 2014

jueves, 19 de diciembre de 2013

LECTURAS RECOMENDADAS PARA ESTAS FESTAS


Donsapoconcho suxírenos neste tríptico lecturas para todas as idades.
 Neste Nadal, ler sen parar!

lunes, 25 de noviembre de 2013

OBRADOIRO DE SALES DE BAÑO

A Consellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, trouxonos o "Obraidoiro de ciencias: Elaboración de sales de baño" para o alumnado de cuarto e quinto de Primaria.
O romeu, a herba cidreira, a lavanda, o cravo, a canela, a sal ou a reladura de limón adéntrannos no campo dos aromas e métodos beneficiosos para o coidado da pel e o acougo do corpo. O obradoiro de sales de baño permítenos, ademais da súa elaboración, a fixación do léxico das especias e as herbas aromáticas.


miércoles, 20 de noviembre de 2013

OBRADOIRO DE PLASTILINA EN 5 ANOS

A pasada semana a clase de 5 anos participou neste obradoiro de ciencia en galego, ofertado polo Servizo de Normalización Lingüística (SNL)  do Concello de Vigo. Podedes saber máis no seguinte enlace de Olapiruletas:
Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.