Déixovos un LIM para aprender cousas sobre a PAZ dunha forma divertida. Este LIM foi elaborado por Belén Junquera e podedes traballar en Galego, Castelán e mesmo en Inglés. So tedes que premer na imaxe
miércoles, 26 de enero de 2011
domingo, 23 de enero de 2011
Recursos para traballar a Paz
Cada 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Paz e como cada ano no cole lévanse a cabo unha serie de actividades que nos lembran a necesidade de traballar por un mundo mellor...pola Paz.
Imos colgar un enlace permanente na barra lateral coas "Cousas de Don Sapoconcho" onde incluiremos actividades e recursos para a Paz que iremos ampliando a medida que vaian surdindo
Imos colgar un enlace permanente na barra lateral coas "Cousas de Don Sapoconcho" onde incluiremos actividades e recursos para a Paz que iremos ampliando a medida que vaian surdindo
![]() |
Pica na ploma de Picasso |
viernes, 21 de enero de 2011
30 de xaneiro: Día da Paz
FALTRIQUEIRA CANTO LIBRE
Letra e música: Víctor Jara
Arranxos: Faltriqueira – Pascal Gaigne)
El verso es una paloma
Que busca donde anidar
Estalla y abre sus alas
Para volar y volar.
Mi canto es un canto libre
Que se quiere regalar
A quien estreche su mano
A quien quiera disparar
Mi canto es una cadena
Sin comienzo ni final
Y en cada eslabón se encuentra
El canto de los demás.
Sigamos cantando juntos
A toda la humanidad,
Sigamos cantando juntos
A toda la humanidad.
Que el canto es una paloma
Que vuela para encontrar
Estalla y abre sus alas
Para volar y volar
Mi canto es un canto libre!!
jueves, 20 de enero de 2011
O soldadiño de chumbo
Como este ano estamos a traballar os contos de Andersen deixovos esta adaptación do clásico de Andersen en formatos dixital levada a cabo por Xabier Senín. Os deseños son de Alfonso Costa, a música de Emilio Aragón e as voces de Manuel Manquiña e Luis Piedrahita. A ambientación: no museo do xoguete de Allariz.
domingo, 16 de enero de 2011
martes, 11 de enero de 2011
Quéroche contar un conto
Este libro ten algo moi especial: os alumnos e as alumnas do Centro Aspanaex son os ilustradores destes cinco contos escritos por:
Estes cinco escritores que "de forma totalmente desinteresada e altruísta se contaxiaron do entusiasmo de Cristina (nai de Raquel) no proxecto de editar un libro de contos, onde os nosos amigos os escritores, coa súa imaxinación encherían as páxinas de palabras e onde as persoas con minusvalía intelectual o pintarían de bonitas cores coas súas ilustracións. Un libro que pretende dar a coñecer á sociedade as capacidades que teñen as persoas con minusvalía intelectual. Este libro é un claro exemplo de cómo estas persoas conseguen superar as súas dificultades cando se lles ofrecen os apoios necesarios e se lles dan oportunidades de participar". ASPANAEX
- AN ALFAYA: Os segredos de cores
- FRANCISCO CASTRO: A sombra que asombra
- XOSÉ CERMEÑO: Historia de Don Ramón e o susto que puido levar cando a marea subía e non quería baixar
- AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ: Unha amiga secreta
- IRENE PÉREZ PINTOS: Cousas que facer un día de chuvia
Estes cinco escritores que "de forma totalmente desinteresada e altruísta se contaxiaron do entusiasmo de Cristina (nai de Raquel) no proxecto de editar un libro de contos, onde os nosos amigos os escritores, coa súa imaxinación encherían as páxinas de palabras e onde as persoas con minusvalía intelectual o pintarían de bonitas cores coas súas ilustracións. Un libro que pretende dar a coñecer á sociedade as capacidades que teñen as persoas con minusvalía intelectual. Este libro é un claro exemplo de cómo estas persoas conseguen superar as súas dificultades cando se lles ofrecen os apoios necesarios e se lles dan oportunidades de participar". ASPANAEX
lunes, 10 de enero de 2011
Na punta do pé
Temos na biblioteca este fermoso libro-CD-DVD que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués dun xeito ameno, divertido e participativo.
No repertorio hai 12 temas en galego, portugués e mirandés -mesmo algún de orixe brasileira- con arranxos musicais orixinais. O CD tamén inclúe 4 versións instrumentais para seren cantadas. O DVD contén explicacións dos pasos e demostracións dos bailes. En conxunto, trátase dun traballo feito para enriquecer o tempo de lecer, cantando e bailando.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.